Afíliate

Con máis de 700.000 afiliados, o Partido Popular é a organización política con maior base social de España. Na provincia de Pontevedra, esta formación é tamén a primeira forza política, aglutinando baixo as súas siglas a máis de 33.000 afiliados.

Unha gran comunidade, cohesionada e forte, que conforma a verdadeira esencia do PP provincial e o seu maior valor como organización. Cada novo cidadán que se suma á nosa formación crea un novo lazo de unión coa sociedade e reforza un pouco máis o partido.

Por iso, apostamos por unha formación aberta á participación e que facilite a integración de todos os que compartides os ideais do PP. Animámoste, pois, a coñecer o partido e a sumarte a el se así o desexas.

Para facelo, só tes que cumprir unha serie de REQUISITOS:

• Ser maior de idade.
• Ser español ou cidadán dalgún país da Unión Europea residente en España
• Non militar en ningún outro partido, salvo no caso dos residentes no extranxeiro ou no dos cidadáns doutros países da UE, que poderán estar afiliados a partidos do seu país sempre e cando estes sexan afíns ao Partido Popular.
• Coñecer e asumir os Estatutos do partido, así como os seus principios de actuación.
• Cubrir a ficha de afiliado e presentala na sede do partido da localidade na que estea establecida a residencia da persoa que quere afiliarse.
• Ter o aval de dúas persoas que xa sexan afiliados do partido.

Na actualidade existen dúas modalidades de afiliación ao PP: como militante ou como simpatizante.

Así mesmo, se tes entre 18 e 28 anos, podeste afiliarte ao partido a través de Novas Xeracións, agrupación Xuvenil do PP á que tamén te podes afiliar se tes entre 16 e 18 anos, aínda que neste caso non acadarás plenitude de dereitos no Partido Popular ata a maioría de idade.

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar