Figueroa salienta que o Banco de España “refrenda a posición defendida pola Xunta” e polo PP a prol da fusión das caixas e deixa a Caballero “só”
- O vicepresidente do PP provincial salienta que a fusión é a mellor opción “para Galicia, para Pontevedra e para Vigo”
- Salienta que Ordóñez deixou claro que un SIP é un proceso irreversible que conduce a unha fusión e levaría o centro de decisión das caixas fóra de Galicia
- Critica que Caballero poña en risco o poder financeiro de Galicia “por un puñado de votos”
Pontevedra, 27 de xaneiro de 2010. – O vicepresidente provincial do PP en Pontevedra, José Manuel Figueroa, salientou hoxe que “o posicionamento que ten o PP e o presidente da Xunta” en relación á fusión das caixas galegas “quedou refrendado en todo o discurso do gobernador do Banco de España”, co que o alcalde de Vigo queda aínda máis só na súa oposición a esta unión estratéxica de Caixanova e Caixa Galicia.
“O alcalde de Vigo errou porque pretendía politizar este asunto, co único obxectivo de sacar a máxima rendibilidade política, electoral e partidista”, salientou , e criticou que “por un puñado de votos” se poña en perigo a capacidade financeira de Galicia para os próximos anos.
Figueroa fixo fincapé en que a aposta pola fusión non é un capricho do PP ou da Xunta, senón que vén dada “porque desde o Banco de España se está a impulsar unha reestructuración do sistema financeiro español” que obriga á Xunta de Galicia a adoptar unha decisión para evitar que esta Comunidade se quede sen entidades financeiras.
“Todos os datos do Banco de España apuntan a que as caixas non poden seguir en solitario”, afirmou e, por iso, a Galicia só lle quedaban dúas opcións “unha fusión ou un SIP”. Segundo o dirixente popular, o presidente da Xunta e o PP apostan pola fusión, porque é a única vía que garantiría a creación dunha gran entidade financeira, sólida, solvente e netamente galega que, ademais, sería a quinta caixa de España.
“Nós o que queremos –subliñou- é que en Vigo, na provincia de Pontevedra e en Galicia teñamos unha caixa galega e non ter que optar a que os poderes de decisión se tomen fóra de Galicia”.
Esta é a opción “dos que propoñen un SIP”, xa que, segundo lembrou o vicepresidente provincial dos populares, o propio gobernador do Banco de España “dixo claramente que un SIP é irreversible e conduce a unha fusión” que suporía, por unha banda, levar o poder de decisión fóra de Galicia e, por outra, acabaría por converter as caixas en bancos.
MANIPULACIÓN E ENGAÑO
Tendo en conta estes datos, Figueroa criticou que algúns, en referencia ao alcalde de Vigo, se dediquen a “manipular e engañar á opinión pública, propoñendo un SIP, que en realidade sería unha fusión a curto, medio ou longo prazo”.
Figueroa asegurou que a campaña emprendida polo rexedor vigués en contra da fusión, “na que se quedou completamente só”, non responde máis que á súa intención de “sacar a máxima rendibilidade electoral” dun tema de gran transcendencia para Galicia.
Por iso, mostrou o seu desexo de que, tras ter escoitado o pronunciamento do gobernador do Banco de España, “o alcalde de Vigo rectifique e entre no eido do consenso, onde están a maioría das institucións e sectores tanto de Vigo como de Galicia, co obxectivo de poder ter unha caixa galega, forte e competitiva”.
“Desde o PP estamos cada día máis satisfeitos da decisión que adoptou o presidente Feijoo, porque sabemos que a corto e medio prazo é a mellor opción para Galicia, é a mellor opción para Pontevedra e é a mellor opción, por suposto, para Vigo”, concluiu.
| < Ant. | Seg. > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Setembro 2010 | > | » |
| L | M | M | X | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




