O PP de A Illa insta ao Goberno local a colaborar na eliminación de “todos os puntos negros” da Avenida Castelao, incluídos os que eles mesmos crearon

 

  • O voceiro popular, Juan José González, reclama que o Concello “actúe como representante dos veciños e non como sucursal do PSOE”
  • Asegura que o modelo de beirarrúas colocado polo Concello ten ocasionado xa “innumerables caídas e accidentes”


A Illa de Arousa, 27 de xaneiro de 2010. – O voceiro municipal e presidente local do PP de A Illa, Juan José González Vázquez, convidou hoxe ao Goberno local “a colaborar na eliminación de todos os puntos negros” da Avenida Castelao e a traballar para mellorar a seguridade viaria desta zona comezando por “prescindir do modelo de beirarrúas que está instalando o concello e que supoñen un serio perigo para viandantes e vehículos”.

O voceiro popular lembra que son “innumerables as caídas e os accidentes” rexistrados no treito que une a nova farmacia co cruce de O Chufre como consecuencia da instalación dese modelo de beirarrúas. “É certo –salientan desde o PP local– que mellorar a seguridade viaria debe ser unha prioridade, e así o defendemos tamén desde o PP, por iso se debe comezar por non crear situacións de perigo desde o propio concello”.

Asegura, ademais, que xa se teñen producido numerosas reclamacións de particulares e de compañías aseguradoras por accidentes neste treito, o que “obrigará ao concello a pagar indemnizacións con cargo ás arcas municipais e, polo tanto, a costa do peto de todos os veciños de A Illa”.

RESPECTO INSTITUCIONAL
González Vázquez asegura que “defendemos a colocación de pasos elevados na Avenida Castelao” e a solicitude do apoio da Deputación para a execución destes traballos pero “entendemos que esta demanda debe realizarse no marco do máis estrito respecto institucional e non por medio do insulto”, como está a facer na actualidade o Goberno local.

O voceiro popular lembra que a Deputación Provincial “mantén e sempre mantivo nunha actitude de apoio constante, con feitos e fondos, ao municipio de A Illa e aos diferentes colectivos culturais e deportivos desta localidade”, polo que esixe “respecto institucional” para o organismo provincial.

Finalmente, González Vázquez lamenta que o Goberno local estea convertendo a Casa do Concello “nunha sucursal do PSOE”, na que se trata ás institucións “en función do partido que as goberna”. Nesta liña, reclama ao Goberno local que “trate ás demais institucións como corresponde a un Concello, e non en función das siglas dun partido”.
 

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar