O PP de Cotobade denuncia a actitude “despótica e de falta de respecto” do Goberno local, que “continuamente ningunea á oposición”
- Luís Samartín cualifica de “lamentable” que en temas de gran transcendencia para o municipio, o Goberno local non abra vías de diálogo para “definir aquelas obras ou investimentos máis necesarios para o concello”
- Os populares sospeitan que a selección dos proxectos, feitos para ser contratados por procedemento negociado, estea dirixida a permitir que o alcalde favoreza “aos seus amigos”
Cotobade, 27 de xaneiro de 2010. – O PP de Cotobade denuncia a actitude “despótica e de falta de respecto” do Goberno local cara a oposición “á que ningunea de forma constante”.
Segundo salienta o voceiro do PP, Luís Samartín, resulta “lamentable” que en temas de gran transcendencia para o municipio, como a selección de proxectos que se financiarán cos fondos do novo Plan E, o Goberno local nin sequera se digne a abrir vías de diálogo que permitan “definir aquelas obras ou investimentos máis necesarios para o concello”.
O Goberno local ten previsto someter mañá á aprobación do pleno 8 proxectos para financiar co Plan E, e toda a consulta que vai facer cos membros da oposición será a que se realice na comisión informativa convocada para as 9,30 h., con a penas media hora de duración e tan só hora e media antes do pleno, o que para o voceiro popular “é o colmo da desfachatez”.
ABANDONO DO PLENO
Malia esta actitude de “prepotencia e falta de respecto” do Goberno local, os populares anuncian que, “pola responsabilidade que nos caracteriza e na defensa dos intereses dos veciños”, apoiaremos todos aqueles proxectos que sexan “viables e necesarios”, co obxectivo de que non se perdan as subvencións.
“Aínda que parece que o que están a buscar desde o Goberno local é que abandonemos o pleno e nos vaiamos pola actitude de desprezo que de forma continua amosan cara á oposición –asegura Samartín– nesta ocasión non vai ser así”. No entanto, advirte que, de continuar nesta liña, “non nos quedará máis remedio que adoptar medidas para que, dunha vez por todas, se respecte a un grupo municipal que representa a un gran número de veciños”.
AMIGUISMO
Ademais, os populares sospeitan que a selección dos proxectos que se presentarán para ser financiados con fondos do Plan E foi feita cunha clara intención de “favorecer a aquelas empresas de amigos do alcalde”.
Segundo salienta Samartín, os fondos repartíronse de forma que as obras se poidan adxudicar por procedemento negociado e, así, “o Goberno local teña liberdade para concedelas a quen queira”.
Para os populares, trátase dunha “medida inxusta, dado que, ademais de permitir que o alcalde siga practicando o amiguismo, impide que poidan optar á execución dos traballos todas as empresas que así o queiran”, algo que “é especialmente necesario nun momento de crise coma o actual, cando todos deberían ter as mesmas oportunidades”.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




