Os populares acusan ao Goberno local de “dilapidar” 18.818,9 euros en comidas, mentres “escatiman investimentos” en servizos básicos para os veciños
- O PP denuncia a “política da imposición” do rexedor municipal “que non conta para nada cos demais membros da corporación”
- Cualifican de “indecente” que o grupo de Goberno se escude na falta de cartos para non pagar o transporte escolar aos institutos ou para non arranxar as pistas locais ao tempo que malgastan o diñeiro público
- Denuncian tamén os incumprimentos do alcalde que, tras anunciar a convocatoria cunha comisión de portavoces para consensuar os proxectos do Plan E, “parece terse esquecido de convocala”
Rodeiro, 27 de xaneiro de 2010. – O PP de Rodeiro amosou hoxe o seu malestar pola actitude de “desprezo e falta de respecto” amosada polo Goberno local cara todos os veciños e veciñas deste municipio. Os populares cualifican de “indecente” que o grupo de Goberno “acuda unha e outra vez á escusa de que non hai diñeiro” para financiar servizos ou investimentos moi necesarios” para o municipio, mentres “dilapidan miles e miles de euros en comidas e gastos superfluos”.
A xuízo do PP local, “non é de recibo” que se elimine o transporte escolar aos institutos aducindo que non hai diñeiro e que, coa mesma escusa, se lle diga aos veciños que non se poden arranxar as pistas municipais mentres na última Comisión de Goberno de 2009 se aproban “gastos de 18.818,9 euros en comidas”.
“Isto é unha falta de decoro e unha irresponsabilidade inxustificables”, aseguran desde o PP, para quen é obvio que “o alcalde non ten o máis mínimo interese en traballar polo ben do municipio”.
PLAN E
A maiores, os populares critican os “incumprimentos e as mentiras” do rexedor local, o socialista José Vence, que tras anunciar que convocaría unha Xunta de Portavoces para tratar de consensuar as obras do segundo Plan E “parece terse esquecido de convocala”.
O PP local salienta que, cando xa está a piques de rematarse o prazo para a presentación dos proxectos, “seguimos sen saber nada da anunciada reunión nin, por suposto, de cales son as intencións do Goberno local en relación a este programa”.
“O único claro –aseguran– é que o alcalde non ten intención de consensuar nada e pretende, unha vez máis, impoñer as súas decisións, seguindo a súa tradicional política de ordeno e mando e sen ter en conta para nada aos demais membros da corporación".
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




