O PP de Salceda de Caselas propón unha alternativa á prohibición do aparcamento na rúa Rosalía de Castro

 

  • Con esta decisión estase a agravar máis o problema de estacionamento sufrido, maiormente, polos pais que todos os días levan aos seus fillos ao colexio
  • Os concelleiros do PP están na Corporación Municipal “para facer unha crítica construtiva e non para cuestionalo todo sen fundamento algún, como facían nacionalistas e socialistas cando estaban na oposición”

Salceda de Caselas, 29 de xaneiro de 2010.- Ante a decisión do Goberno local de prohibir o aparcamento nun dos laterais da rúa Rosalía de Castro, o Partido Popular de Salceda de Caselas propón que se traballe noutras posibles alternativas. “Trátase dunha rúa moi transitada polos vehículos dos pais e nais que van levar aos seus fillos ao CEP e ao CRA Altamira, e esta non é a solución”, explica o concelleiro do PP Santiago Rodríguez Davila.

Dende o Partido Popular de Salceda de Caselas entenden que o aparcamento aos dous lados da calzada dificulta a condución dos autobuses. Non entanto, o máis complexo é no tramo final da rúa que remata no cruce con Rafael Tilve Adrio, polo que “propoñemos que nese treito si se prohiba o estacionamento a unha das beiras permitíndose no resto”, sinala Rodríguez Davila. Na mesma liña, outra alternativa posible para restablecer o aparcamento en toda a rúa “pasa por implantar unha limitación horaria que conleve a unha mellor organización e planificación do tráfico”, explica o edil popular. Ademais, co fin de solucionar este problema “que está a encher de indignación a todos os pais”, existe a opción de estudar o acondicionamento duns terreos colindantes para o aparcamento de vehículos.

Finalmente, e respecto deste tema, o Partido Popular de Salceda de Caselas insta ao Goberno local a que actúe nunha cuestión “da que eles foron tan críticos cando estaban na oposición”, subliña Rodríguez Davila. Trátase do camiño que une a rúa Rosalía de Castro coa aula do CRA, ao cal é imposible acceder cun vehículo por mor da súa estreiteza, “algo polo que xa protestaron os nacionalistas e polo que agora non están a facer nada para melloralo, é mais, retiran prazas de aparcamento agravando máis o problema, xa que fai máis dificultoso que os pais deixen o seu vehículo para levar a pé aos seus pequenos, durante aproximadamente cen metros”.

Nesta, como noutras cuestións, “o Partido Popular de Salceda de Caselas está na Corporación Municipal para traballar e realizar propostas alternativas que axuden a levar unha vida mellor a todos os veciños”, explica o concelleiro do PP. “Ao contrario que facían nacionalistas e socialistas cando se atopaba na oposición, que todo o cuestionaba sen fundamento algún, nós estamos aquí para facer unha crítica construtiva e produtiva, co fin de forxar un futuro mellor para Salceda de Caselas, que é o que todos merecemos”, conclúe Rodríguez Davila.

< Ant.   Seg. >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Setembro 2010 > »
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar