O PP de Nigrán inicia o camiño para alcanzar a alcaldía nas municipais do 2011
- Rafael Louzán reuniuse coa Xunta Local do PP de Nigrán
- Alberto Valverde afirma que o presidente provincial amosou a súa total confianza na actual Xunta Local
- O PP de Nigrán móstrase máis unido que nunca de cara ás próximas eleccións municipais
Nigrán, 30 de Xaneiro de 2010.- Compromiso, unidade e traballo seguen sendo as palabras máis utilizadas no PP de Nigrán para afrontar as próximas eleccións municipais. E fundamentalmente esa unidade foi a formación local lle transmitiu ao presidente provincial, Rafael Louzán, na Xunta local, á que o dirigente popular acudiu acompañado do vicepresidente provincial do Partido Popular, Chema Figueroa e da secretaria xeral, Begoña Estévez.
Segundo o presidente local, Alberto Valverde, o partido pasou por dificultades “que fomos capaces de superar para afrontar con garantías as próximas eleccións municipais”, mentres o presidente provincial recoñeceu o traballo realizado até o día de hoxe pola actual Xunta Local mostrándolle toda a súa confianza no labor que vaia a desempeñar de cara ás municipais do próximo ano. Desta forma, o PP de Nigrán seguirá traballando para “mostrarse como a única alternativa seria e real a un bipartito que supuxo un serio atraso para o noso municipio, e como o partido aglutinador do centro dereita de Nigrán”.
Nesta reunión, a Xunta Local comprometeuse a dar os pasos necesarios para formar unha candidatura sólida que permita ao PP de Nigrán presentarse ás próximas eleccións municipais con garantías de conseguir a alcaldía e a seguir traballando para facer ao partido en Nigrán un partido máis forte e unido. Para Alberto Valverde “só a través dun partido unido que aglutine ao electorado de centro dereita se poderá alcanzar o obxectivo”, e iso será o que tanto el como a Xunta Local tratarán de conseguir, “do contrario, só se porá en bandexa de novo a alcaldía a un bipartito socialista-nacionalista como o que estamos a sufrir na actualidade e que só se mantén como un matrimonio de conveniencia”.
Pola súa banda, Chema Figueroa lembrou os resultados alcanzados polo PP en Nigrán tanto nas eleccións autonómicas como nas europeas, superando o 51 e o 52 % dos votos respectivamente, o que significa claramente “que Nigrán é do PP, e que dependerá do traballo que se realice desde o PP de Nigrán para que veciños e veciñas volvan depositar a súa confianza en nós”.
Desta forma, o PP local inicia cunha imaxe de unidade o camiño para alcanzar a alcaldía nas próximas eleccións municipais do 2011.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




