Rafael Louzán amósase convencido de que en 2011 todos os concellos do Deza volverán contar cun alcalde do PP
- Lalín acolleu a primeira reunión da Xunta Directiva do PP provincial
- Os populares agasallaron ao vicesecretario xeral da Executiva provincial, Xosé Crespo, con motivo do seu vixésimo aniversario como alcalde de Lalín
- O PP provincial súmase á celebración do Ano Santo e percorrerá varios treitos das distintas rutas xacobeas
- O presidente provincial encadrou a elección de José Antonio Pena Fernández para dirixir o PP de Silleda na “necesidade de estabilizar a situación do partido” nesta localidade
Lalín, 3 de febreiro de 2010. – O presidente provincial amosouse hoxe convencido de que todos os concellos da comarca do Deza volverán a contar en 2011 con alcaldes do PP. O líder dos populares na provincia de Pontevedra fixo estas declaracións na rolda de prensa posterior á primeira reunión da Xunta Directiva do partido desde o Congreso Provincial de novembro.
Os populares quixeron nesta primeira reunión da Xunta Directiva, que se celebrou en Lalín, “arroupar e felicitar” a Xosé Crespo con motivo do seu vixésimo aniversario como alcalde de Lalín. Un alcalde que tamén debe servir de exemplo de como, con traballo e entrega, se pode como converter un concello do interior de Galicia en verdadeira referencia de progreso e desenvolvemento.
Neste sentido, Louzán gabou a “labor extraordinaria” que Crespo leva realizando nestas dúas últimas décadas tanto a prol do desenvolvemento do seu municipio como para o fortalecemento do PP. Non en van, e segundo salientou o líder provincial, Lalín é un dos concellos con mellores resultados electorais, algo que se debe “a o formidable traballo de Pepe Crespo e do seu equipo”.
Sinalou, así mesmo, que a comarca do Deza é unha bisbarra onde os populares contan cun gran peso, como o demostra o feito de que todos os concellos “menos Rodeiro e Silleda” estean gobernados polo PP con maiorías absolutas. Por iso, o presidente dos populares na provincia de Pontevedra anunciou que agora “acadar a maioría absoluta nestes dous concellos é o obxectivo”, e asegurou que “estamos seguros de conseguilo”.
Un primeiro paso cara esta finalidade foi “estabilizar o partido en Silleda” coa elección de José Antonio Pena Fernández para levar as rendas desta formación nos vindeiros meses.
APOIO AOS CONCELLOS
Por outra banda, o presidente provincial expúxolle aos xornalistas os principais temas abordados na reunión da Xunta Directiva, onde unha das principais preocupacións amosadas polos alcaldes e presidentes locais do partido foi a “situación de asfixia” na que se atopan moitos municipios, que viron reducidos os fondos que perciben do Goberno central en máis dun 20%, o que fai “incluso difícil que poidan pagar as nóminas”.
Para contribuír a paliar esta situación, Louzán lembrou a decisión da Xunta de Galicia de non reducir a achega que fai ás entidades locais e os esforzos que está a realizar a Deputación de Pontevedra con programas como o seu plan anticrise. Un programa pensado “para saír en auxilio dos concellos”. É un fondo, indicou, co que tamén queremos contribuír a “frear a sangría do paro”.
RUTA XACOBEA
Por outra banda, no transcurso da xuntanza, a secretaria xeral do PP provincia, Begoña Estévez, presentou aos membros da Xunta Directiva unha nova actividade que se iniciará o vindeiro 28 de febreiro e coa que os populares de Pontevedra se queren sumar á celebración do Ano Santo: unha peregrinación a Santiago por etapas.
A peregrinación realizarase todos os domingos e festivos desde o 28 de febreiro, día no que se fará o treito Tui-O Porriño, ata o 28 de marzo, cando a comitiva popular ten previsto chegar á Praza do Obradoiro. Entre esas dúas datas realizaranse outros treitos de varias rutas xacobeas.
Con esta peregrinación, o PP provincial pretende contribuír á difusión da Ruta Xacobea e á promoción turística da provincia de Pontevedra, aproveitando tamén a ocasión para o intercambio de experiencias e opinións entre os alcaldes, voceiros, presidentes locais e militantes e afiliados do PP que decidan sumarse a esta actividade.
Na xuntanza, á que asistiu o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, tamén participaron os conselleiros de Medio Rural, Samuel Juárez, de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e de Economía e Industria, Javier Guerra, que expuxeron aos integrantes da Xunta Directiva as liñas básicas da política das súas consellerías. A presenza destes conselleiros enmárcase na rolda de contactos que os membros do Goberno galego están a manter coa Xunta Directiva provincial para cumprir co seu compromiso de manter unha relación permanente co partido que lles permitiu chegar á Xunta e, tamén, para que os populares poidan facer un seguimento do cumprimento do programa electoral en cada unha das áreas.
| < Ant. | Seg. > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Setembro 2010 | > | » |
| L | M | M | X | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




