O PP de A Illa cualifica de “nefasta” a xestión que o Goberno local está a facer dos Servizos Sociais e acúsao de “despreocuparse dos más necesitados”

 

  • Os populares denuncian que a privatización do servizo de Axuda a Domicilio está a supor “unha ruína para as arcas municipais
  • O voceiro do Grupo Popular denunciou a “ineficacia” dos concelleiros de Servizos Sociais e de Muller, e suxire que pasen a chamarse “de Propaganda e Publicidade”
  • Lamenta a negativa do equipo de Goberno a crear unha partida destinada a axudas de emerxencia social, pese a que son moitos os veciños e veciñas do municipio que precisan desde apoio


A Illa de Arousa, 4 de xaneiro de 2010. – O PP de A Illa vén de denunciar a “nefasta” xestión que o Goberno local está a facer dos Servizos Sociais e que supón un grave problema para os “cada vez máis numerosos veciños e veciñas que, como consecuencia da crise, precisan de asistencia deste tipo”.

O voceiro popular, Juan José González Vázquez, amosou o seu malestar pola negativa do equipo de Goberno a incluír nos orzamentos para 2010  unha partida económica destinada a axudas de emerxencia social “que cada día son máis necesarias neste municipio”. A xuízo do PP local “é lamentable que a vanidade do grupo socialista no Goberno o leve a poñer os seus intereses políticos por diante das necesidades dos veciños, ignorando constantemente as demandas das persoas máis necesitadas”.

Nesta liña, González Vázquez criticou a “inactividade” dos responsables políticos dos departamentos de Servizos Sociais e de Muller que, a xuízo do voceiro popular, deberían pasar a denominarse “de Propaganda e Publicidade, porque intentan vender marabillas que  en realidade non son máis que fume”.

 

Así, asegura que “pese a ter asegurado en pleno que xa existían axudas de emerxencia social no concello, ninguén sabe delas nin aparecen por ningún lado”.

“É –asegura Juan José González–  un máis dos constantes despropósitos que o Goberno local está a realizar en materia de Servizos Sociais” e que se suma á privatización do Servizo a Domicilio.

SERVIZO A DOMICILIO
Un servizo que, segundo asegura o voceiro popular, se estaba a prestar “moi eficazmente por traballadoras dependentes do Concello con un custe razoable” e que agora “se está a converter nunha verdadeira ruína para as arcas municipais”.

González Vázquez lembra que a privatización do servizo se realizou co compromiso de que a nova empresa “ía facerse cargo das traballadoras que viñan prestando o servizo desde o Concello” e que, no caso de incumprirse este acordo, “o Concello retomaría o servizo e volvería a facerse cargo das traballadoras”.

No entanto, pasados uns meses, o acordo incumpriuse sen que o grupo do PSOE fixera nada por evitalo, dando lugar así ás correspondentes reclamacións xudiciais.

Ante esta situación, o PP esixe ao grupo de Goberno que explique e dea a coñecer publicamente “canto lle vai custar aos veciños a mala xestión deste asunto e os gastos en xulgado e indemnizacións que están a soportar as arcas municipais por culpa dos seus caprichos”.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar