O PP de Vilagarcía esixe explicacións ao Goberno local sobre a parálise do proxecto Luz Salgada, que podería suporlle ao Concello a perda de 6 millóns de euros
- O voceiro popular lembra que o prazo para a execución dos traballos remata no mes de maio e que as obras aínda non se iniciaron
- Tomás Fole lamenta que “Vilagarcía vaia a perder outra oportunidade” debido ás “discrepancias internas e á ineficacia dun Goberno incapaz de poñerse de acordo en asuntos fundamentais para o municipio”
- O Grupo Popular preguntará no próximo pleno cales son as previsións reais do Goberno para este proxecto
- Os populares denuncian que, a día de hoxe, o único que fixo o Goberno local con este proxecto foi “ir fiando mentira tras mentira”
Vilagarcía, 4 de febreiro de 2010. – O PP de Vilagarcía esixe explicacións ao Goberno local pola parálise do proxecto de Luz Salgada, que debería estar rematado no mes de maio e sobre o que aínda non se sabe nada, o que podería suporlle ao Concello a perda dun investimento de 6 millóns de euros.
O voceiro do PP, Tomás Fole, lamentou que “Vilagarcía vaia perder outra oportunidade” para promover o seu desenvolvemento debido “as discrepancias internas dun Goberno incapaz de poñerse de acordo ata naqueles asuntos fundamentais para o municipio”.
Fole considera que na base do constante atraso na execución deste proxecto están os enfrontamentos entre os membros do Goberno e, en especial, as desavenencias entre a alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo, que poderían “deixar escapar unha gran oportunidade para Vilagarcía”, como é a de dispor dunha achega de 6 millóns de euros para investimentos. Neste sentido, o voceiro popular pregúntase “ata que punto é lóxico que ao fronte destes proxectos estea un concelleiro que non goza da confianza da alcaldesa nin do resto do grupo”.
Ante esta situación, os populares presentarán no vindeiro pleno unha interpelación para esixir ao Goberno local que se pronuncie sobre cales son as súas previsións reais sobre o proxecto de Luz Salgada, dado que “os vaivéns continuos, os cambios de opinión e as mentiras permanentes realizadas polos membros do Goberno local en relación a este proxecto desde principios de lexislatura fai que, na actualidade, ninguén saiba cal vai ser o seu futuro, se é que ten algún”.
Dado que o prazo para a execución dos traballos se remata dentro de tres meses, os populares reclaman ao Goberno local que confirme se pediu unha prórroga para a execución dos traballos ou se, pola contra, xa teñen decidido devolver parte do préstamo.
CRONOLOXÍA DE DESPROPÓSITOS
Os populares lembran que a historia de Luz Salgada, que foi vendido tanto polo anterior rexedor socialista, Javier Gago, como pola actual alcaldesa como un proxecto estrela, é unha “cronoloxía de despropósitos”, na que se foron “fiando mentira tras mentira coa única intención de enganar á poboación e sen dar un só paso para iniciar as obras”.
Fole lembra que os “despropósitos” comezaron xa desde o mesmo instante en que se presentou como proxecto para a promoción turística –verdadeiro obxecto dos fondos concedidos– a construción dun párking subterráneo en Fexdega que “oculta en realidade unha operación urbanística e que nada ten que ver co turismo”. Ademais, a maioría das actuacións incluídas neste plan están supeditadas á revisión do PXOM e a un plan de mobilidade aínda non iniciado.
A partir desde momento, fóronse acumulando os “disparates e cambios de criterio cos que o Goberno amosou a súa total incapacidade para definir unha actuación seria que a día de hoxe segue sen existir”.
¿PRÓRROGA OU DEVOLUCION?
Despois destas continuas mentiras e indefinicións da alcaldesa e do dimisionado, os vilagarciáns aínda non saben se de verdade van pedir unha prórroga para a execución do proxecto, de canto tempo sería, se vai ser para o total do proxecto, se pensan só executar parte del, ou se, polo contrario, están a pensar en devolver o crédito obtido no ano 2006, o que, a xuízo de Tomás Fole “sería o colmo da deixadez, incapacidade e irresponsabilidade do goberno actual”.
De tódolos xeitos, sexa cal sexa a solución definitiva, o que queda moi claro é que, polo ben de Vilagarcía é bo que estes 15 meses pasen rápido e se produza un cambio no goberno local que desperte a Vilagarcía e escomenze a aproveitar as ocasión que temos.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




