O PP de Rodeiro lamenta que o equipo de Goberno pretenda converter á oposición “en meras comparsas das súas fotos”
- Os populares lémbranlle ao alcalde que “estaremos encantados de ser convidados a actos de inauguración cando antes se nos dea voz na acción de Goberno”
- Convidan ao rexedor local a “escoitar e atender as demandas veciñais coa mesma dilixencia que aplicou á hora de convidalos á inauguración desta tarde”
Rodeiro, 4 de febreiro de 2010. – O PP de Rodeiro lamentou hoxe que o Goberno local “só saiba de nós cando quere que lle fagamos bulto nas súas fotos, pero ignore que existimos nos asuntos realmente importantes, como é a toma de decisións a nivel municipal”. Os populares referíronse así á invitación que o rexedor local lle cursou para asistir a un acto de inauguración en Rodeiro coa presenza do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, e coa que “o señor Vence nos pretende converter en meras comparsas das súas fotos”, algo ao que aseguraron que non están dispostos.
O PP salienta que esta invitación “entraría dentro da normal cordialidade institucional” entre os distintos membros da corporación municipal, pero neste caso “perde todo o sentido”, debido á actitude habitual do rexedor local, o socialista José Vence, “que continuamente ningunea á oposición e se nega en rotundo a escoitar as nosas propostas”.
“Estaremos encantados de ser convidados a actos de inauguración –salientan– cando antes se nos dea voz na acción de Goberno a través, por exemplo, das xuntas de portavoces que o alcalde se nega a convocar”.
Nesta liña, os populares lamentan que “o Goberno local queira contar cos veciños e coa oposición” non para traballar a prol do desenvolvemento do municipio, “senón para presentarse ante o subdelegado do Goberno como un alcalde ben arroupado”.
O PP local lémbralle ao rexedor local que aos comerciantes e veciños –aos que chamaron para asistir a esta inauguración– “o que lles interesa realmente é que o Goberno local se preocupe de atender as súas necesidades e dar solucións aos seus problemas”, polo que o convida a “aplicarse neste obxectivo coa mesma dilixencia que se aplicou á hora de convidarnos á inauguración desta tarde”.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




