Os populares lamentan que a “falta de criterio e dun modelo claro de cidade” por parte do Goberno local “mine as posibilidades de desenvolvemento do concello”

 

  • O voceiro popular denuncia a “indefinición” dos proxectos incluídos no novo Plan E
  • Tomás Fole salienta que o reparto dos fondos do Plan E non é máis que “a compra da lealdade do BNG para o que resta de mandato: o prezo que a alcaldesa paga polo silencio do socio maioritario”
  • O Grupo Popular asegura que “isto explica o anuncio público do desmarque dos nacionalistas na selección das obras: a compra de vontades non se pode transparentar”
  • O 75% dos fondos destínanse a concellalías do BNG
  • O PP critica que se destine menos do 5% do orzamento a atender as propostas de investimento realizadas polos veciños


Vilagarcía, 5 de febreiro de 2010. – O PP de Vilagarcía amosou o seu pesar porque “a falta de criterio, de proxectos e dun modelo claro de cidade” por parte do Goberno local “mine unha vez máis as posibilidades de desenvolvemento do concello”. A xuízo dos populares a “indefinición” dos proxectos que se van financiar con cargo ao novo Plan E evidencia a “incapacidade do executivo local para determinar cales son as verdadeiras necesidades do municipio”.

O voceiro do PP, Tomás Fole, subliñou que, despois de que o Goberno local lle entregase “un simple folio cun listado xenérico sobre os proxectos que se van financiar cos fondos do Plan E e no que non se detalla absolutamente nada, agardabamos recibir algún tipo de información máis concreta sobre o reparto de fondos”.

Sen embargo, unha semana despois, “todo o que se sabe sobre o citado reparto de fondos é o contido nese folio que o único que deixa claro é que o 75% dos cartos procedentes do novo Plan E serán para as concellarías do BNG”.

COMPRA DE VONTADES
“Isto explica –a xuízo de Fole– o anuncio público do desmarque dos nacionalistas na selección das obras”, xa que é evidente que con esta distribución “a alcaldesa compra a lealdade do BNG para o que resta de mandato: é o prezo que paga polo silencio do socio maioritario e, claro está, os nacionalistas non querían deixar ver cánto custa comprar o seu silencio”.
 

Máis alá deste intercambio entre PSOE e BNG, non houbo o máis mínimo consenso nin coa oposición nin co outro socio de Goberno, EU-IU, “que ten que conformarse cunha comisión de seguemento das obras do Plan”.

Os populares lamentan, ademais, que despois de terlle pedido aos colectivos veciñais que presentasen as súas propostas para incluílas neste plan “o orzamento destinado a atender estas demandas non acade nin sequera o 5% do orzamento”.

DESPILFARRO DE DIÑEIRO PÚBLICO
Deste xeito, a distribución dos fondos realízase de maneira “improvisada, sen valorar as verdadeiras necesidades do municipio e sen priorizar”, o que pode supoñer “un gran despilfarro de diñeiro público”, toda vez que se van destinar fondos a proxectos parciais ou a “parches” que non solucionarán de forma definitiva os verdadeiros problemas da localidade.

A modo de exemplo, os populares citan o investimento de un millón de euros previsto para a mellora da Praza de Abastos cando, segundo a concelleira de Promoción Económica, o Goberno local estuda a posibilidade de poñer en marcha un proxecto de reforma integral desta praza, cun custo de 7 millóns de euros, que deixaría invalidado o investimento realizado agora. “É a filosofía do gastador compulsivo –salienta Fole–, que gasta por gastar, sen siquera pararse a pensar na utilidade do gasto”.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar