González Vázquez denuncia o “desprezo” do Goberno local aos membros da oposición como parte da estratexia política dirixida polos “fracasados do PSOE”
- O voceiro local dos populares lamenta “as malas formas” do equipo de Goberno no seu trato coa oposición
- O PP cree que “a Illa estase a converter no Valle dos Caídos de altos cargos fracasados do PSOE, que veñen fotografarse á Illa para volver a coller impulso e, de paso, dar instruccións aos seus dirixentes locais”
- Lémbralle ao rexedor local que “estratexia da crispación e do enfrontamento é un grave erro, porque a política local ten que estar orientada ao entendemento”
A Illa de Arousa, 5 de xaneiro de 2010. – O voceiro do PP de A Illa, Juan José González Vázquez, denunciou hoxe o “desprezo” do Goberno local polos membros da oposición que, recordou, “representamos a unha boa parte dos veciños e veciñas deste municipio e que somos ignorados e ninguneados unha e outra vez polo equipo de Goberno”.
Trátase, asegura o voceiro popular, dunha “estratexia socialista” promovida polos “fracasados do PSOE, que seguen a desembarcar constantemente na Illa –que parece que se está a converter no Valle dos Caídos dos altos cargos socialistas– para volver a coller impulso e, de paso, tratar de dirixir a estratexia política local”.
“”Da a sensación de que todos aqueles cargos socialistas que fracasaron e que, despois de prometer e prometer, deixaron á Illa na estacada, sen cumprir ningunha das súas promesas –asegura González Vázquez– veñen agora a dar instruccións aos dirixentes locais co único de promover o illamento da oposición e xerar un clima de crispación entre os veciños e en contra das administracións gobernadas polo PP”.
Froito desta estratexia, afirma o PP local, son as “malas formas” coas que o Goberno socialista trata á oposición e a “falta de transparencia” na xestión municipal, sobre a que os populares teñen serias dificultades para obter información. A modo de exemplo, González Vázquez referiuse aos datos sobre os investimentos previstos no segundo Plan E, “que se nos ordenou que os solicitásemos por escrito, mentres que persoas próximas ao PSOE local e completamente alleas á corporación coñecen ao detalle estes datos sen telos solicitado formalmente en ningún momento”.
Este “trato discriminatorio non é novo –asegurou–, xa que se repite en todas as decisións importantes que hai que adoptar no concello e para as que nunca se nos ten en conta”.
O voceiro popular recoméndalle ao alcalde que abandone esta actitude “porque a estratexia da crispación e o enfrontamento é un grave erro, porque a política local hai que orientala ao entendemento e a colaboración en beneficio do pobo”.
| < Ant. | Seg. > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Setembro 2010 | > | » |
| L | M | M | X | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




