Os populares de Salceda de Caselas recrimínanlle ao Goberno local non telo en conta á hora de poñerlle nome á Casa da Cultura
- O BNG decidiu o nome de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao sen haber un consenso previo entre todos os partidos políticos con representación no Concello
Salceda de Caselas, 2 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas expresa, unha vez máis, a súa indignación despois de que o Goberno local anunciase o nome da nova Casa da Cultura, que se inaugurará oficialmente nos próximos días, sen ter en conta a súa opinión. O PP dubida incluso que o BNG llo consultase ao seu propio socio de goberno, o PsdeG-PSOE.
O Partido Popular salienta que non é nome que se lle asignou, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, senón o que provoca o seu malestar, senón o feito de non buscar un consenso entre todos ou preguntar por posibles alternativas, como se fixo á hora de denominar as rúas.
“Por suposto que estamos de acordo con chamarlle á nova Casa da Cultura de Salceda de Caselas Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, pero por que non podía ser tamén Camilo José Cela ou Rosalía de Castro?, son tan válidos uns coma outros”, explica o concelleiro do PP Santiago Rodríguez Davila.
“O que lle solicitamos e esiximos ao Goberno local é o feito de que teña en conta ao Partido Popular para levar a cabo este tipo de accións e outras moitas nas que, por non estarmos a gobernar, non fan ningún tipo de consulta nin piden opinión”, reclama Rodríguez Davila.
Por outra parte, dende o Partido Popular lembran tamén que, aínda que foi executada agora, a proposta de rehabilitar a antiga Casa do Concello para convertela na Casa da Cultura, albergando, entre outros espazos, a Biblioteca Municipal, xa fora unha iniciativa do PP cando gobernaba en Salceda de Caselas, anunciada en sesións plenarias do ano 2007.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




