O PP de Nigrán acusa a Juanes de non querer decidir sobre o vial Saiáns–Porto do Molle

 

  • Alberto Valverde asegura que a Xunta pediu a Juanes que lle achegase a súa proposta sobre este vial
  • Considera gravísimo que Juanes opte por agochar esta estrada no documento de avance por razóns políticas
  • O voceiro popular tacha de “estafa e trampa” a ocultación deste vial nos planos, mentres se fai alusión a él na memoria dp documento
  • Os populares aseguran que "ou Juanes mentiu no seu día trala xuntanza con Caride ao afirmar que o trazado dese vial o iba definir o Concello dentro do seu Plan Xeralo ou mente agora, cando di que o Concello non ten que pronunciarse, dado que é unha estrada de ámbito supramunicipal"

Nigrán, 2 de marzo de 2010. – O PP de Nigrán cualifica de “estafa e intento de engano masivo” o documento de avance do Plan Xeral, por non incluír sobre os planos o vial Saiáns-Porto do Molle, que si aparece na memoria do mesmo documento. Para o voceiro popular, Alberto Valverde, “esta decisión tomada por Juanes non ten máis cualificativo que o de burla aos veciños e veciñas de Nigrán e, sobre todo, de engano por parte do alcalde, que trata de evitar responsabilidades e de tomar decisións que considera que poden acarrearlle custos políticos”.

Desde as filas populares lémbranlle ao rexedor local a súa obriga de “tomar decisións claras e con responsabilidade, sen pensar en consecuencias políticas, en cuestiones de gran relevancia como a que afecta a este vial”.

Alberto Valverde recorda que o alcalde socialista estaba totalmente convencido das “bondades” do Plan Vigo Integra e, por tanto, dunha estrada “totalmente desoladora e fulminante para Nigrán tal e como se recollía nese proxecto da Xunta do bipartito”.

 

“Tal era o seu convencemento que incluso asegurou que seincluiría no PXOM e o definiría o propio Concello”, lembra Valverde, antes de incidir en que “agora todo cambiou e cando formalmente o conselleiro da actual Xunta lle brinda a posibilidade de definir o dito vial, Juanes esquece todo o dito e, nun claro acto de irresponsabilidade, asegura que Nigrán non ten nada que dicir nada sobre un vial destas características”.

Para o PP de Nigrán sería unha oportunidade perdida para que Nigrán decida sobre o seu propio futuro e que non pase o que pasaba coa Xunta do bipartito “cando estabamos ante unha imposición”. Por iso, os populares de Nigrán reclaman que se poña sobre a mesa a conveniencia ou non desta estrada. Se se conclúe que é necesaria, Alberto Valverde defende que “debe ser o propio Concello quen defina que tipo de vial e que trazado debe plantearse”. Ademáis, Valverde asegura que os populares non admitirán un vial como o previsto no Vigo Integra, por consideralo “totalmente fragmentador e que de ningunha maneira daba solucións aos problemas de tráfico do noso municipio”.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar