O PP analizará con Portos de Galicia e coa Xerencia de Atención Primaria a viabilidade técnica e sanitaria da construción do Centro de Saúde en Vilaxoán

 

  • O voceiro popular acusa ao Goberno local de “traballar a ralentí” nunha cuestión de vital importancia para o municipi
  • Tomás Fole acusa á rexedora local de “mentir deliberadamente” ao pleno ao asegurar fai só uns días que non había terreos no concello para a construción deste centro e publicar hoxe un listado de 6 posibles localizacións
  • O Grupo Popular lamenta que o Goberno local presente unicamente un listado de posibles localizacións, sen entrar a analizar os pros e os contras de cada unha delas
  • Os populares inciden en que “resulta decepcionante” que, ante a parálise do executivo local, teña que ser a oposición a que realice unhas xestións e trámites que tería que facer a rexedora local


Vilagarcía, 3 de marzo de 2010. – O PP de Vilagarcía analizará con Portos de Galicia e coa Xerencia de Atención Primaria a viabilidade da construción do Centro de Saúde en Vilaxoán. Con este obxectivo, o voceiro popular, Tomás Fole, xa solicitou cadansúa entrevista cos responsables de ámbos os dous departamentos para analizar a viabilidade técnica e sanitaria da ubicación do centro nesta área.

A entrevista con Portos de Galicia ten por obxecto comprobar se os terreos situados xunto ao Club de Remo, que son competencia deste organismo, poderían poñerse á disposición da consellería de Sanidade para destinalos á execución destas obras, mentres que no caso da xuntanza co xerente de Atención Primaria, o obxectivo dos populares é analizar se a construción do centro nesta localización sería viable desde o punto de vista sanitario.

O voceiro do PP, Tomás Fole, considera “decepcionante” a proposta de posibles ubicacións presentada pola rexedora local, a socialista Dolores García, “dado que nela só se recolle unha listaxe aséptica de localizacións, sen entrar en ningún momento a analizar a idoneidade de cada unha delas”.
 

Malia todo, Fole incide en que “máis grave” aínda que esta “clara falta de dilixencia no cumprimento do mandato do pleno”, que non só reclamaba unha lista de posibles asentamentos para o novo centro de Saúde, senón tamén o estudo dos pros e os contras de cada un deles, é o feito de que a “rexedora local mentise deliberadamente á oposición e tratase de enganar aos veciños” cando na última sesión plenaria afirmou que o Concello non dispoñía de ningún terreo que puidese albergar as novas instalacións sanitarias e hoxe, tan só uns días despois, presente 6 posibles parcelas.

“É obvio –recalca Fole– que o Goberno local ou ben trataba de enganarnos a todos ou, o que tamén é moi posible, non fixera ata o de agora nin o máis mínimo esforzo para dotar ao concello destas instalacións e, polo tanto, nin sequera se molestara en comprobar que terreos poderían albergar este centro”.

DEIXADEZ DE FUNCIÓNS
Os populares lamentan que o Goberno local se manteña sempre “a ralentí” nun asunto de gran trascedencia para este municipio, non que se presenta como unha “mostra máis da incapacidade e da deixadez de funcións que practica este executivo, que ten amosado unha notable falta de interese por dar resposta ás necesidades dos cidadáns en materia sanitaria”.

Para o voceiro popular “non é de recibo” que teña que ser a oposición a que “realice as xestións e trámites” que debería facer o Goberno local. Nesta liña, Fole asegura que as entrevistas que ten solicitado o PP con responsables de distintos departamentos da Administración autonómica “debería tela pedido fai tempo o propio Goberno local”.

Ante esta situación, os populares reclámanlle á rexedora local que debe ser ela quen “se deixe de marear a perdiz” e que “dunha vez por todas, comece a traballar para mellorar a actual situación do municipio”.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar