Novas Xeracións insta ao Concello de Redondela a remodelar o Club de Remo de Cesantes

 

  • Tralos graves desperfectos sufridos polo temporal
  • O Goberno local comprometeuse cun local de deseño en forma de barco que “finalmente só vimos afundirse no baúl das moitas promesas electorais”

Redondela, 3 de marzo de 2010.- Novas Xeracións do Partido Popular de Redondela amosa a súa solidariedade cos socios do Club de Remo de Cesantes ante os graves desperfectos ocasionados polo temporal que atravesou Galicia a pasada fin de semana.

Dende NN.XX. instan ao Concello "a que se faga cargo das circunstancias dos mozos deste equipo e contribúa a mellorar as instalacxións nas que practican deporte”, explica Laura Alonso, presidenta de NN.XX. Neste senso, Alonso asegura que “non hai dereito de que estean a sufrir as consecuecias dun goberno que moito promete e nada fai”. Lembra que o actual Goberno local de Redondela comprometeuse a dotar a este club dun novo local, "un edificio de deseño en forma de barco que finalmente só o vimos afundirse no baúl das moitas promesas electorais sen cumprir”.

O Club de Remo de Cesantes leva anos reclamando aos responsables municipais unha remodelación das instalacións ou a construción dunha nova sede. O club síntese desprazado, “abandoado á súa sorte nun local sen as máis mínimas condicións de seguridade e sen o espazo suficiente para realizar as súas actividades en igualdade de condicións que outros veciños do noso municipio”, conclúe Alonso.
 

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar