O PP de Salceda de Caselas negocia coa Deputación a substitución das bandas sonoras por pasos de peóns elevados na rúa Doutor Zunzunegui

 

  • Tralas queixas dos veciños e dos usuarios da Escola de Música, concelleiros do PP reuníronse coa directiva de Amigos da Música para atender esta demanda, centrada en eliminar o ruído que provoca o paso dos vehículos polas ditas bandas


Salceda de Caselas, 3 de marzo de 2010.- o concelleiro do PP e presidente local desta formación, Santiago Rodríguez Davila, trasladou á Deputación de Pontevedra a necesidade de substituír as bandas sonoras da Rúa Doutor Zunzunegui por pasos de peóns elevados, co obxectivo de minimizar o ruído que fan os vehículos ao pasar por esta zona e, tamén para mellorar a seguridade viaria na zona.

Esta solicitude presentada ao presidente do ente provincial realízase trala xuntanza mantida polos membros do Partido Popular de Salceda de Caselas cos veciños da rúa Doctor Zunzunegui, na zona próxima á Escola de Música, e coa directiva de Amigos da Música para escoitar a súa demanda de eliminar o ruído que provocan os vehículos ao pasar por riba das bandas sonoras alí instaladas.

O Partido Popular salienta a voa acollida que a proposta tivo por parte do presidente da Deputación provincial, que se amosou moi receptivo e asegurou que nos vindeiros días a zona será revisada e estudiada por un grupo de técnicos co fin de acadar a mellor solución para erradicar o problema.
 

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar