Os populares denuncian a “actitude arrogante e o reiterado incumprimento da legalidade” por parte do alcalde
- O PP salienta que o pleno do venres será “totalmente ilegal”
- Lembran que o pleno suspendido o sábado tería que terse convocado, por lei, para o luns ás 12 da mañá
- Salientan que os plenos ordinarios están fixados pola corporación local para os sábados ás 12 da mañá e que o alcalde non ten potestade para modificar este horario, polo que o pleno do venres non pode ter carácter de ordinario
- O PP local considera que detrás do “continuo enfrontamento” de Vence cos traballadores municipais pode estar a negativa destes “a colaborar nas cacicadas deste Goberno local”
Rodeiro, 3 de marzo de 2010. – O Partido Popular de Rodeiro denunciou hoxe a “actitude arrogante e o reiterado incumprimento da legalidade” por parte do rexedor local que, segundo salientan, nas últimas semanas está a amosar “de forma insistente a súa ineptitude, incapacidade e falta de talante democrático”, tanto no seu trato cos traballadores municipais como cos demais membros da corporación local.
Os populares destacan que un exemplo desta “ineptitude” é a convocatoria dun pleno ordinario para este venres, en substitución do que se tiña que ter celebrado o pasado sábado, e que contén en si mesma tres ilegalidades. A primeira delas, sinalan os populares, é o feito de non ter convocado esta sesión plenaria para o pasado luns ás 12,00 h., tal e como establece a lexislación, que recolle que, en caso de que non poida celebrarse a sesión ordinaria por falta de quorum ou ausencia do alcalde ou o secretario “a sesion queda automaticamente convocada para dous días despois ámesma hora”.
A segunda irregularidade refírese ao prazo no que se convoca que, segundo lembran desde o PP local, ten que ser cunha antelación mínima de dous días hábiles, que non se cumpren neste caso, cando o pleno se convoca cun só día de antelación.
Finalmente, os populares lémbranlle ao rexedor local que “as sesións ordinarias están fixadas por un acordo da corporación local, que as estableceu para os sábados ás 12,00 horas e, que só un acordo plenario pode modificar esta periodicidade”. Polo tanto, conclúen os populares, o pleno do venres non pode considerarse en ningún caso ordinario.
“Se se celebra como tal –inciden desde o PP– o pleno do venres será totalmente ilegal”.
FALTA DE RIGOR
Todas estas actitudes amosan, a xuízo dos populares, algo máis que “unha evidente falta de rigor e de respecto aos demais membros da corporación” e son, sobre todo, “unha clara mostra da tendencia do rexedor local a saltarse a legalidade e a tratar de dirixir os destinos do concello segundo o seu capricho e a súa conveniencia persoal, evidenciando a súa aposta por un Goberno local cuns niveis de caciquismo nunca antes visto neste municipio”.
A xuízo do PP local, esta actitude “arrogante” e de “carencia do máis mínimo respecto ao talante democrático” é a que está detrás do “continuo enfrontamento” do rexedor socialista cos funcionarios e traballadores do Concello que “teñen que soportar as acusacións infundadas dun alcalde que pretende descargar sobre os traballadores a responsabilidade da súa ignorancia, incapacidade e ineptitude”.
Os populares fan fincapé en que ata o de agora non houbo ningunha queixa sobre o traballo do persoal do Concello, “que está plenamente centrado na realización das súas funcións”, e consideran que “o malestar de Vence cos funcionarios pode agochar o ánimo de vinganza do rexedor local pola posible negativa dos traballadores a colaborar nas cacicadas que el impulsa”.
Finalmente, o PP local reclaman do alcalde “un inmediato cambio de actitude” e que “asuma dunha vez a súa responsabilidade tanto na non celebración do pleno ordinario como, sobre todo, no clima de enfrontamento que está a crear no concello tanto cos traballadores como cos membros da oposición, aos que, por exemplo, se nega a convocar ás sempre prometidas e nunca celebradas xuntas de voceiros”.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




