O PP de Catoira denuncia a “falta de implicación” do Goberno local na mellora dos equipamentos deportivos e critica a “discrecionalidade” á hora de conceder axudas e subvencións
- Os populares lamentan as “condicións precarias” nas que se ven obrigados a adestrar os membros do Club de Piragüismo
- Reclama a “mellora urxente” das instalacións do Club de Piragüísmo que, na actualidade, presentan un “lamentable estado de abandono”
- Lamenta que, mentres outras administracións como a Deputación Provincial, amosan interese por dar solución aos problemas deste club, o “alcalde e o seu equipo prefiran manterse á marxe”
Catoira, 6 de marzo de 2010. – O Partido Popular de Catoira denuncia a “falta de implicación” do Goberno local na mellora dos equipamentos deportivos e lamenta que “prefira botar balóns fóra e ignorar as condicións precarias nas que moitos veciños e veciñas deste municipio se ven obrigados a practicar deporte”.
O voceiro do PP, Marcos Coira, considera que unha das obras que debe emprender de “maneira urxente” o Goberno local é a reforma e reparación da sede do Club de Piragüismo, dado que na actualidade se atopa “nun lamentable estado de abandono”.
Marcos Coira incide en que, mentres outras administracións están a amosar interese por dar solución aos problemas deste club e colaboran activamente na organización das súas actividades, “o alcalde e o seu equipo prefiren manterse á marxe”.
Trátase dunha actitude que, segundo o voceiro popular, evidencia “a falta de criterio do equipo de goberno en materia deportiva” que está a obrigar a “clubs deportivos que acadan grandes éxitos e realizan unha gran obra social, a desenvolver as súas actividades en instalacións e medios precarios”.
O PP local critica o intento do equipo de Goberno de “desviar as súas responsabilidades no abandono das instalacións do Club de Piragüismo” cara os partidos da oposición e cara a nova Xunta de Galicia, e recórdalle que se a día de hoxe non se teñen iniciado os traballos para a creación dunha nova sede para este Club “é única e exclusivamente como consecuencia da súa incapacidade negociadora e da falta de compromiso con Catoira do anterior goberno bipartito da Xunta”.
Nesta liña, lamenta que “tanto o Goberno local como o BNG se dedicasen a vender unha e outra vez a nova sede, cando o único que fixo o bipartito nos seus catro anos de Goberno na Xunta foi un debuxo, sen orzamentar un só euro para os traballos”.
DISCRCIONALIDADE DAS AXUDAS MUNICIPAIS
Os populares critican tamén a “discrecionalidade” coa que o Goberno local concede as axudas e subvencións ás asociacións do municipio, que deberían servir para apoiar a aqueles que desenvolven unha maior labor social, como o citado Club de Piragüismo, “aos que non se lle poden dar unhas axudas que se teñen merecidas como se se lle dese unha limosna”.
Para evitar esta situación, os populares reclaman “que se establezan criterios serios” para o reparto e se recolla nos orzamentos canto se achegará a cada entidade.
APOIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
O voceiro do PP salienta tamén o “compromiso que a Deputación Provincial está a amosar co deporte local”, apoiando non só ao Club de Piragüismo, ao que vén de facerlle entrega dunha subvención, ademais de comprometerse a apoiar a organización do próximo Congreso de Piragüismo que se celebrará en Catoira en 2011, senón tamén a outras entidades, como o Club de Fútbol Catoira.
No marco desta colaboración, o vicepresidente da Deputación Provincial, José Juan Durán, e o deputado responsable de Deportes, José Enrique Sotelo, mantiveron a finais de febreiro unha xuntanza con Manuel Touceda, un dos directivos do Club de Fútbol Catoira, con quen se comprometeron a incrementar o apoio do organismo provincial a este club de fútbol.
A xuntanza con Manuel Touceda tivo lugar despois da visita que os deputados provinciais fixeron ás instalacións do Club de Piragüismo, onde tamén se reuniron coa directiva do club para escoitar as súas necesidades e demandas.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




