Os deputados do PP por Pontevedra denuncian o “atraso inaceptable” das obras da N-541, que seguen sen rematar 8 meses despois de producirse o socavón

 

  • Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca preguntarán na Comisión de Fomento pola execución destes traballos
  • Os populares esixirán un “compromiso serio” do Ministerio de Fomento coa reparación desta infraestrutura, que resulta de “vital importancia” nas comunicacións da provincia
  • Lembran que os desprendementos de terra e os danos na N-541 non son un feito puntual, senón que se viñan producindo de forma reiterada nos últimos anos


Pontevedra, 6 de marzo de 2010. – Os deputados do PP pola provincia de Pontevedra denuncian o “atraso inaceptable” das obras da N-541 ao seu paso polo concello de Cotobade, que seguen sen rematarse oito meses despois de que se producise un gran socavón nesta estrada, fundamental para o citado concello e para a conexión de Pontevedra con todo o  Norte da provincia.

Ante esta situación, os deputados populares no Congreso Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca levarán á Comisión de Fomento unha batería de preguntas para “pedir explicacións sobre a lentitude dos traballos e esixir compromiso por parte do Ministerio de Fomento coa reparación desta estrada de vital importancia nas comunicacións da provincia de Pontevedra”.

Os populares lembran que os desprendementos de terra e os danos na N-541 non son un feito puntual, senón que se viñan producindo de forma reiterada nos últimos anos, como os ocorridos en varios puntos de Cotobade en 2006 ou os que aínda seguen sen reparar desde xullo de 2009.
 

De feito, a mellora desta estrada, de competencia estatal, é unha demanda reiterada e constante desde fai varios anos e á que, polo de agora, non se lle deu resposta.

Ante esta situación, os populares reclaman ao Ministerio de Fomento axilidade nas obras, máxime tendo en conta que se trata dunha das vías de comunicación máis importantes da provincia, ao servir de enlace entre a capital e os concellos de Cotobade, Cerdedo, Forcarei e a área do Deza, así como de conexión co sur da provincia de Ourense.

Os deputados populares agardan que o Goberno central sexa quen de dar solución a este problema antes dos meses de verán, dado que o intenso tráfico que soporta diariamente a N-541 podería agudizarse en época estival.
 

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar