O PP abre novas vías para que Vilagarcía poida contar canto antes cun segundo Centro de Saúde
- O voceiro popular agradece a dilixencia de Portos de Galicia á hora de abordar un tema que resulta vital para esta localidade
- Tomás Fole arranca o compromiso a Portos de Galicia de estudar todas as propostas que o Concello de Vilagarcía envíe sobre a ubicación do Centro de Saúde en Vilaxoán
- Os populares esixen ao Goberno local “que se deixe de palabrería e comece dunha vez a realizar as xestións e trámites necesarios para dotar ao concello desta infraestrutura”
- Lamentan que, a estas alturas, a rexedora local aínda non teña solicitado nin unha soa entrevista para analizar a viabilidade da construción do centro nas parcelas propostas
- “Non se entende que teña que ser a oposición a que tome a iniciativa e realice xestións que son responsabilidade do Goberno local”, indica Fole
Vilagarcía, 6 de marzo de 2010. – O voceiro do PP en Vilagarcía, Tomás Fole, agradeceu hoxe a “boa acollida e a dispoñibilidade” amosada polo presidente Portos de Galicia a colaborar en todo o posible para que esta localidade poida contar canto antes cun segundo Centro de Saúde.
Fole asegurou que, tras a xuntanza mantida este venres co responsable do organismo autónomo para avaliar a posibilidade de dispor de terreos xunto ao Club de Remo, quedou demostrado que “existen novas vías para a construción do segundo Centro de Saúde, igual de válidos ou incluso mellores que as da Comandancia”.
O PP local valorou a “actitude colaboradora” do presidente de Portos de Galicia que, pese a non ter coñecemento por parte do Goberno local de que se barallan terreos competencia deste organismo para o novo centro, se amosou plenamente disposto a estudar calquera proposta que lle sexa remitida.
DEIXADEZ
Fronte a esta postura colaboradora, os populares critican “a parálise e a deixadez” do Goberno local que, a estas alturas, aínda non ten solicitado nin unha soa entrevista con responsables da Xunta para analizar a viabilidade da construción do centro nas parcelas que propoñen para a contrución do novo edificio.
“Non se entende que teña que ser a oposición a que tome a iniciativa e realice xestións que son responsabilidade do Goberno local”, indica Fole, para quen a inactividade e a falta de definición da rexedora local e do seu equipo dan mostras de que “non teñen o máis mínimo interese en que se constrúa este centro de saúde”.
De non ser así, aseguran desde o PP local, “os responsables municipais terían que ter comezado xa a dar pasos serios para coñecer a viabilidade de construír o centro en cada unha das parcelas que presentaron como posibles localizacións”.
Ante esta situación, esíxenlle ao Goberno local “que se deixe de palabrería e comece dunha vez a realizar as xestións e trámites necesarios para dotar ao concello desta infraestrutura”.
“Se houbese verdadeiro interese por parte do Goberno local –afirma Fole– Vilagarcía podería contar moi pronto con este segundo Centro de Saúde tan necesario, pero é evidente que isto non será así se a rexedora local se mantén na súa liña de inactividade”.
Para minimizar os prexuízos que pode supor para o municipio a pasividade do equipo de Goberno, o PP local segue a traballar intensamente para ir abrindo vías de negociación e acordo que permitan avanzar neste camiño.
CUMPRIMENTO DO ACORDO PLENARIO
Dende o Partido Popular estase a sí a cumprir co acordo plenario donde se aprobou a elaboración dun informe cunha avalición de todas as posibilidades de ubicación do futuro segundo centro de saúde. O ilóxico neste caso é que está sendo o Partido Popular e non o goberno local o que está a facer o traballo e a cumprir cos acordos.
Neste liña, tras a entrevista deste venres co presidente de Portos de Galicia, o voceiro popular ten xa concertada para esta semana unha xuntanza co xerente de Atención Primaria, Manuel Castro Pazos, con quen analizará os pros e contras de construir en Vilaxoán o novo centro de saúde.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




