Figueroa salienta que a renuncia de Touriño “evidencia unha desconfianza absoluta no seu partido e no liderado que ten agora en Galicia”

 

  • O vicepresidente provincial do PP en Pontevedra considera este abandono como “unha mostra palpable da descomposición do PSdeG”
  • O dirixente popular deséxalle ao ex presidente da Xunta “o mellor tanto na súa vida profesional como persoal”


Pontevedra, 10 de marzo de 2010. – O vicepresidente provincial do PP en Pontevedra, José Manuel Figueroa, salientou hoxe que a renuncia do ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño ao seu escano de deputado no Parlamento Galego “evidencia unha desconfianza absoluta no seu partido e no liderado que o socialismo ten agora en Galicia”.

Tras amosar o “máximo respecto” pola decisión do que fora presidente da Xunta de Galicia, Figueroa fixo fincapé en que, desde o punto de vista político, o abandono do seu escano de deputado é un reflexo da “descomposición que ten o PSOE desde que perdeu as eleccións e non renovou a presidencia da Xunta” e supón unha “mostra palpable de que o señor Touriño non se atopa a gusto dentro do socialismo galego que dirixe Pachi Vázquez”.

O líder popular quixo, no entanto, desexarlle o mellor a Pérez Touriño e amosou o “meu máximo respecto para unha persoa que foi presidente da Xunta de Galicia, para ben ou para mal, porque os cidadáns, ao final, póñennos a cada un onde consideran máis oportuno”.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar