O PP provincial continúa a dinámica de renovación do partido con congresos en A Estrada, Vilagarcía e Tomiño
- Celebraranse o 12 e o 19 de xuño
- As tres citas congresuais permitirán a militantes e afiliados do PP manifestarse “abertamente sobre quen queren que dirixa o partido nos próximos anos”
- O secretario de Organización salientou que o PP segue deste xeito “coa dinámica de renovación do partido” que o levou nos últimos anos á celebración dunha trintena de congresos
Pontevedra, 22 de abril de 2010.- O secretario de organización do PP Provincial, José Juan Durán, anunciou hoxe en rolda de prensa a celebración, o vindeiro mes de xuño, de tres congresos locais en A Estrada, Vilagarcía e Tomiño, acordados polo Comité Executivo do PP Provincial reunido onte.
José Juan Durán encadrou a celebración destes congresos na “normalidade da vida orgánica do partido” e salientou que as tres citas congresuais permitirán a militantes e afiliados do PP manifestarse “abertamente sobre quen queren que dirixa o partido nos próximos anos”.
Os populares continúan asía coa “dinámica de renovación do partido” que se está levando a cabo por toda a provincia e que supuxo xa a celebración dunha trintena de congresos nos últimos anos, os últimos dos cales tiveron lugar en Salceda de Caselas o pasado sábado e, nos meses anteriores, os de Nigrán, ou Lalín, ademais do Congreso provincial e do que se celebrará este sábado en Vigo.
O dirixente popular cualificou os congresos de Tomiño, Vilagarcía e A Estrada como “citas de gran relevancia”, dado que teñen lugar en municipios de máis de 10.000 habitantes e nos que existe un elevado número de militantes e afiliados do PP.
As datas establecidas para estes congresos serán o 12 de xuño na Estrada, en horario de mañá, e o mesmo día pero en horario de tarde, en Vilagarcía de Arousa. O Congreso de Tomiño desenvolverase o 19 de xuño.
En resposta a preguntas dos xornalistas sobre a posibilidade de que en Vilagarcía opten á presidencia do PP local máis de un candidato, opción aberta sempre que se convoca un congreso, o secretario de Organización dos populares incidiu en que iso non pode entenderse máis que como unha mostra máis de normalidade e amosouse seguro de que a cita de Vilagarcía “estará presidida pola máis absoluta normalidade democrática interna e permitirá que os afiliados e militantes tomen a decisión que crean oportuna”.
Nesta liña, incidiu en que o PP está “dando un paso adiante” para definir equipos en Vilagarcía, escoitando o que teñen que dicir as bases, en contraposición á actitude do PSOE, que, segundo Durán, co seu silencio ante as reiteradas peticións e ofrecementos da actual alcaldesa de repetir como candidata deixan ver que o “PSOE vai funcionar a dedo ou a dedazo”.
ACTIVIDADE DE PARTIDO
O dirixente popular referiuse tamén a outros asuntos abordados no Comité Executivo e indicou que “o partido está funcionando a pleno rendemento e coa engranaxe electoral perfectamente activada”, e cun amplísimo calendario de actividades.
Entre elas citou a rolda de contactos da dirección provincial coas xuntas locais dos 62 concellos da provincia, diversas reunións de coordinación a nivel interno e campañas informativas ou de balance, como a que se está a desenvolver na actualidade para valorar o primeiro ano de goberno na Xunta.
Referiuse tamén a actos máis informais pero que tamén teñen unha gran compoñente política e, sobre todo, de achegamento aos militantes e afiliados, como as diversas ceas e xantares que organizan as agrupacións locais, como a celebrada o pasado sábado en Ribadumia ou a que terá lugar este sábado en Caldas de Reis.
En relación a esta última, incidiu en que se trata dunha cita relevante, porque “Caldas está en vésperas do cambio político” que levará ao PP a gobernar o concello.
CONDENA AOS ATAQUES ÁS SEDES LOCAIS
Finalmente, José Juan Durán reiterou a condena “absoluta e sen paliativos” aos ataques sufridos nas sedes do PP de Gondomar e Nigrán, expresada tamén por todos os membros do Comité Executivo na súa reunión de onte.
Durán incidiu en que estas actitudes “profundamente antidemocráticas, incívicas e vandálicas” son propias de “persoas carentes dos máis mínimos sentimentos democráticos, de respecto e de tolerancia que tratan de facer calar a opcións políticas maioritarias pola vía da intolerancia e da irracionalidade”.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




