Os deputados do PP por Pontevedra consideran que Zapatero deixou claro que non se pode confiar nel para defender os intereses de Galicia

 

  • Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca ven lamentable que o Goberno lle vire as costas ás centrais térmicas galegas de Meirama e As Pontes
  • Cualifican de “desfachatez” que o presidente do Goberno diga que fixo o posible para que a fusión das caixas fora unha realidade “cando presentou un recurso para torpedeala”
  • Zapatero só ofrece escusas e ningún compromiso para Navantia

Pontevedra, 15 de xullo de 2010.- Os deputados pontevedreses do PP consideran que Zapatero deixou claro hoxe, na súa intervención no Debate do Estado da Nación, que non se pode confiar nel para defender os intereses dos sectores produtivos máis importantes de Galicia.

Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca afirman que se o Debate do Estado da Nación é un exame sobre a política do último ano queda claro que Zapatero suspendeu con Galicia.

No transcurso da súa intervención, o titular do Executivo socialista volveu defender o decreto do carbón, que pon en serio perigo as centrais térmicas galegas de Meirama e As Pontes, e o peor é que fiou a viabilidade de todas as centrais á recuperación económica da demanda, é dicir, que non pensa facer nada para modificalo nin para defender os intereses galegos.

Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca lamentan que o presidente socialista volva a virarlle as costas aos galegos e aos sectores produtivos esenciais para a nosa economía. Neste sentido, os populares pontevedreses ven irónico que Zapatero presumira de incrementar con cen millóns os fondos comunitarios para o sector lácteo e anuncian que van presentar preguntas parlamentarias para averiguar que parte dese diñeiro se destinou aos produtores do sector lácteo galego e en que se investiron.

Os deputados pontevedreses do PP denuncian tamén que Zapatero volveu a referirse aos estaleiros de Navantia-Fene con escusas de mal pagador e sen un só compromiso concreto. Ata cando teremos que seguir esperando, por que non recoñece xa a súa incapacidades deixa de enganar aos galegos?

En materia pesqueira, Zapatero vanagloriouse de defender a fllota galega por renovar os convenios de Pesca con mauritania e Guinea, cando os eu balance pode resumirse no tratamento vexatorio dado aos pescadores galegos recentemente apresados por Mauritania e abandonados polo Goberno español. Tampouco se dixo nada do debilitamento ao que o Goberno conduciu ao sector nas institucións comunitarias e internacionais e que se ve reflectido en que durante o período da Presidencia española da UE non conseguiron incorporar na proposta de reforma de Política Pesqueira Común ningunha das medidas reclamadas polo noso sector.

Para os populares, que así o defenderán nas súas propostas de resolución do Debate do Estado da Nación, é necesario potenciar a actividade pesqueira dos buques comunitarios en augas exteriores, co mantemento dos acordos de asociación pesqueira, a modificación de acceso da nosa flota a augas comunitarias, e que o fondo Europeo de Pesca atenda medidas sociais e de modernización e axuste da nosa flota.

Finalmente, Pastor, Ramallo e Pérez Arca consideran unha “desfachatez” que o titular do Executivo socialista tivera a cara de dicir en sede parlamentaria que desde o Goberno “se fixo un esforzo para que a fusión das caixas galegas fora posible”. “Presentaron un recurso e dedicáronse a torpedear a fusión en todo o que puideron. Intentar enganar aos galegos colgándose agora unha medalla é insólito”, sinalan.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar