O PP de Rodeiro reclama información sobre o estado de contas do concello e denuncia a existencia de facturas impagadas desde hai máis dun ano

 

  • Considera “inconcibible” que non se pagase aos provedores en 2009, pese aos grandes ingresos obtidos das instalacións eólicas
  • O voceiro do PP considera que é precisamente “a desfeita económica á que o Goberno local levou ao concello” o que se esconde tras as reticencias do alcalde a dar datos sobre a execución das partidas orzamentarias

Rodeiro, 16 de xullo de 2010. – Os populares de Rodeiro veñen de presentar un escrito no rexistro do concello para reclamar acceso ao estado de contas do concello, co obxectivo de coñecer a situación real das arcas municipais e o motivo polo que, a día de hoxe, o concello mantén unha débeda de 100.000 euros con diferentes provedores, correspondentes a facturas de 2009.

O voceiro do PP, Luís López, considera “inconcibible e dunha grave irresponsabilidade” que non se teñan pagado estas facturas no seu momento, “máxime cando o municipio percibiu grandes ingresos procedentes dos parques eólicos”.

Os populares lembran que as débedas poden supor “un serio quebranto económico” para os afectados, dado que nalgúns casos se adebedan ata 15.000 euros e noutros o provedor tivo que pedir un crédito para facer as obras e agora, un ano despois, vese pagando ese crédito e sen cobrar polo traballo feito.

López teme que a “nefasta xestión económica” do alcalde e do seu equipo atrase sine die o pagamento a estes pequenos e medianos empresarios, polo que esixe que ao Goberno local que “someta a aprobación os orzamentos de 2010 de forma inmediata”, para que se lles poidan realizar estes pagos.

DESFEITA ECONÓMICA

Os populares agardan poder consultar canto antes as contas do concello, pese ás reticencias que o alcalde, o socialista José Vence, ten á hora de dar explicacións sobre o estado das arcas públicas.

Neste sentido, o voceiro do PP considera que detrás destas reticencias se esconde precisamente “a desfeita económica á que o Goberno local levou ao concello e que tratan por todos os medios de que non se coñeza”.

O PP denuncia tamén o “silencio significativo” do BNG que, ante unha “situación anómala” e convídao a “exercer as súas funcións” e impulsar a presentación dos orzamentos para o seu debate plenario.

O voceiro popular considera que os nacionalistas “están a amosar unha actitude cómplice”, ao non demandar unha xestión máis clara por parte do rexedor local e ao non “facer absolutamente nada para que se saquen adiante dunha vez por todas os orzamentos”.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar