O PP de Moaña agarda que a reforma do Centro Rosalía de Castro sexa agora unha realidade e non se quede, por enésima vez, en gancho electoral

 

  • Lembra que as obras foron prometidas xa nas municipais de 2007 e, novamente, na campaña electoral dos comicios autonómicos e nas eleccións europeas de 2009

Moaña, 20 de xullo de 2010.– O Partido Popular de Moaña amosou hoxe a súa satisfacción polo anuncio de que as obras de reforma do centro Rosalía de Castro de Domaio comezarán de inmediato e mostrou o seu desexo de que as obras sexan axiña unha realidade e non se queden, novamente, nun mero gancho electoral, como xa vén sendo habitual nos últimos anos.

Os populares inciden en que “non aplaudirán ata ver rematadas as obras, xa que foron tantas as veces que o BNG e PSOE prometeron rematar a obra que non nos creremos estes anuncios ata que vexamos os traballos rematados”. Nesta liña, o PP recorda que o centro cultural Rosalía de Castro xa foi anunciado polo BNG e PSOE en plena campaña municipal no ano 2007, e novamente nas campañas electorais dos comicios autonómicos e dos europeos e “parece que agora quere volver a ser obxecto da campaña electoral para as municipais do 2011”.

 

O voceiro do PP en Moaña, José Fervenza, lembra a tendencia do BNG a empregar a reforma deste centro como argumento en todos os seus discursos, pero “o único que ata o de agora viron os veciños de Domaio foron catro anos sen centro cultural”, polo que “agardamos que agora se faga realidade e que os catro anos de palabras se convertan en feitos e en obras”.

Por outra banda, Fervenza lamentou tamén que os traballos non fosen adxudicados a empresas da comarca, dado que isto permitiría reactivar a economía municipal e diminuír o número de desempregados. O voceiro popular lembra que a tendencia a contratar obras a empresas doutras localidades é xa unha constante no Goberno actual.

Os populares recordan que as estatísticas de xuño do presente ano falan de 8.075 parados na comarca do Morrazo, dos cales 2.043 son do municipio de Moaña, polo que lamenta que “o BNG e PSOE en Moaña non fagan nada por reducir as listas de desempregados cando teñen nas súas mans a ocasión de facelo”.
 

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar