O PP de Nigrán non apoiará a proposta do PSOE de cambiar o nome dalgunhas rúas e prazas do municipio

 

  • Alberto Valverde asegura que a actitude do Partido Socialista falla no fondo e sobre todo nas formas 
  • Cre que hai que ser "máis democrático e respectuoso" coas decisións adoptadas por corporacións anteriores e considera que poñer en dúbida e reformular acordos plenarios como o do 88 sería perigoso e ilóxico 
  • O PP de Nigrán asegura que Juan González se equivoca e que debería dar participación á corporación para estas decisións
  • Alberto Valverde afirma que o PP non vai votar a favor das propostas por non xustificarse os nomeamentos e sobre todo por non contar coa opinión de toda a corporación  


Nigrán, 21 de Xullo de 2010. – O PP de Nigrán non vai votar a favor das propostas presentadas polo PSOE para dedicar unha praza a José Vázquez Grela e outra a Carlos Casares, ademais de que rexeitará rotundamente a decisión de revisar un acordo plenario do ano 1988 para quitar o nome da rúa Bernardo Vázquez e renomeala como Castelao.

O voceiro popular, Alberto Valverde, asegura que a decisión do PP se xustifica sen entrar a analizar os méritos dos personaxes a distinguir, e si polas formas equivocadas utilizadas polo concelleiro Juan González. Para os populares, son neste tipo de decisións nas que se debe alomenos buscar o consenso dos grupos da corporación xa que se entende que o nomeamento dunha rúa ou dun espazo público é para sempre e formará parte do municipio, e non se debería tratar de impoñer neste caso o “criterio rencoroso dos socialistas”. Para o PP o ideal sería que se celerase unha reunión de voceiros na que se plantease a intención do goberno municipal para dar nome a rúas e prazas e tratar de buscar un acordo.

Ademais destas “lamentables formas”, o PP considera “inapropiada a intención de quitar o nome de Bernardo Vázquez da rúa na que este ex alcalde de Nigrán e nativo do municipio tivo moito que ver para a súa existencia no día de hoxe, ademais de outras moitas actuacións favorables e positivas que protagonizou”. Para Alberto Valverde non existe nin un só argumento obxectivo que avale esta decisión para poñer o nome de outro personaxe que xa ten recoñecemento nunha praza do municipio e que “para maior agravio supón menosprezar a decisión democrática dunha corporación anterior”. 

“Tampouco ten lóxica nin sentido o argumento de que é un personaxe predemocrático porque gran parte dos personaxes ou personalidades que dan nome a espazos públicos pertencen a anos anteriores á democracia, incluso algúns dos que González propón”, asegura Valverde. Por ultimo, recorda que o cambio de nome desta rúa suporía conflitos e inconvenientes na notificación e envíos postais dos veciños da mesma, totalmente innecesarios.

Este mesmo argumento dáse por parte do PP para non apoiar a proposta de Carlos Casares, que conta cun recoñecemento no paseo de Panxón e que dá nome ao colexio de Vilariño, e de Vázquez Grela, este último que parece incluso non contar cos méritos suficientes pola súa pouca relación con Nigrán, pero que sobre todo non son froito dun consenso por parte dos grupos que forman a corporación municipal.
 

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar