O PP de Rodeiro solicita ao Goberno local a limpeza e acondicionamento da Ruta dos Muíños

  • A ruta creouse durante o Goberno do PP pero o novo Goberno local desatendeuna ata o seu actual estado de abandono
  • O PP de Rodeiro vai propoñer ademais a eliminación das barreiras arquitectónicas no acceso ao Centro Cultural Manuel Lamazares

Rodeiro, 22 de xullo de 2010.– O Partido Popular de Rodeiro solicitou a través dunha moción presentada no concello para o seu debate no próximo pleno, a limpeza e acondicionamento da Ruta dos Muíños e pazos, unha ruta de sendeirismo de percorrido circular, que discorre entre o casco urbano e a parroquia de Río, a consecuencia do actual estado de abandono no que se atopa este vieiro xa que “non se realizaron labores de mantemento dende hai máis de dous anos”.

Esta ruta creouse na época do goberno do PP e foi collendo pulo ata converterse nun referente para deportistas, colectivos, asociacións e grupos que aproveitan a época estival para realizar actividades ou paseos por este vieiro en contacto directo coa natureza e cos elementos de valor etnográfico que alí hai.

O voceiro dos populares, Luís López, afirma que “actualmente esta ruta está inutilizada e intransitable por mor da maleza e os troncos caídos que hai no sendeiro” polo que solicita ao Goberno local o seu acondicionamento inmediato, limpeza e desbroce.

O voceiro popular critica a “pouca iniciativa” do actual equipo de goberno que “nin fai nin mantén o que xa estaba feito” e lamenta que o grupo de rapaces que acudiron ao campamento de verán, que se realizou en Rodeiro a comezos do mes de xullo, non puideran realizar esta ruta de sendeirismo, como facían todos os anos, “debido ao abandono deste camiño por parte do Goberno local”.

ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

Así mesmo o PP de Rodeiro vai propoñer no próximo pleno a eliminación das barreiras arquitectónicas, existentes neste momento, para acceder á Casa da Cultura “Manuel Lamazares”.

López afirma que “cunha pequena obra se solucionaría o problema para moitos discapacitados e xente maior que ten serias dificultades para acceder ao centro”.

Nesta liña, o PP de Rodeiro vai solicitar ademais que no orzamento do presente ano se prioricen as inversión destinadas á eliminación das barreiras arquitectónicas e á adaptación do mobiliario urbán ás persoas con discapacidade.

Non é a primeira vez que o PP fai esta petición, xa no seu momento desde o grupo popular se instou a o Goberno local a que se destinaran fondos do Plan de Inversións da Deputación, dotado de case un millón de euros, á “eliminación de obstáculos que impiden que o colectivo de discapacitados se desenvolva en situación de igualdade ao resto dos cidadáns”.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar