Pontevedra, a provincia máis afectada pola reprogramación de Blanco, aseguran os deputados nacionais do PP
- Os deputados nacionais do PP fixeron unha valoración dos recortes anunciados polo Ministerio de Fomento na provincia de Pontevedra
- A falta de compromiso de Fomento coa AP-9 fai que os pontevedreses teñan que seguir pagando pexe durante moitos anos, afirma Ana Pastor
- “Ao Ministerio de Fomento madúranlle tanto os proxectos que lle caducan no caixón”, asegura Jesús Pérez Arca
- Dolores Pan, critica ao alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, e á súa socia de goberno, a socialista, Teresa Casal, por non esixir ao Goberno un compromiso firme e unívoco en relación coa circunvalación de Pontevedra
- “Se Caballero cumpre as súas promesas, terá que deixar o seu cargo en breve”, xa que os prazos do AVE, que neste momento se barallan, están moi lonxe dos prazos comprometidos nun primeiro momento”, asegura a deputada, Ana Pastor
Pontevedra, 23 de xullo de 2010.- Os deputados nacionais do PP por Pontevedra, Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca compareceron en rolda de prensa xunto coa secretaria provincial, Begoña Estévez, e a senadora, Dolores Pan, para facer unha valoración dos recortes anunciados por José Blanco, ministro de Fomento, que afectan a obras viarias e ferroviarias da provincia.
A deputada nacional, Ana Pastor, afirma que os recortes anunciados por Fomento afectan de cheo aos intereses da provincia, posto que se inclúen nas 199 obras que o Ministerio afirma que vai a reprogramar, un concepto que os populares non entenden xa que non se dá unha data concreta para a execución destas obras.
Os deputados cren que “a actitude do ministro de Fomento é moi diferente da que amosaba hai tan só catro meses, cando viña a Pontevedra a inaugurar obras que se empezaron na época do PP dicindo que non había crise e gastando as arcas públicas de todos os españois no Plan E”.
Ana Pastor afirma que “hai pouco, José Blanco, dicía que as obras coa provincia de Pontevedra estaban garantidas e uns meses despois están paralizadas”.
Desde o PP afirman que o primeiro impacto na paralización destas obras vai afectar a moitas familias, pola desaparición de postos de traballo.
A-57
As deputadas Ana Pastor e María Ramallo consideran que a A-57 non debería ser estar incluída na reprogramación de Fomento, posto que é unha infraestructura vital para a cidade de Pontevedra e Vigo, e que suporía a alternativa gratuíta á AP9.
Lamentan que a falta de compromiso coa provincia supoña que os pontevedreses teñan que seguir pagando peaxes mentres se lle dá prioridade á ampliación de Rande.
CIRCUNVALACIÓN DE PONTEVEDRA
A senadora, Dolores Pan, insta ao Ministerio de Fomento a que aclare cal é o trazado da Circunvalación de Pontevedra, unha obra madura segundo José Blanco pero da que se descoñece datos relevantes como o seu trazado, o presuposto ou as datas de execución.
Jesús Pérez Arca asegura que “ao Ministerio de Fomento lle maduran tanto os proxectos que lle caducan no caixón”.
Nesta liña, Dolores Pan, critica ao alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, e á súa socia de goberno, a socialista, Teresa Casal, por non esixir ao Goberno un compromiso firme e unívoco en relación coa circunvalación.
AVE
“Se Caballero cumpre as súas promesas, terá que deixar o seu cargo en breve”, xa que os prazos do AVE, que neste momento se barallan, están moi lonxe dos prazos comprometidos nun primeiro momento”, así de rotunda se amosou a deputada popular, Ana Pastor, ante o anuncio de que o AVE estaría en funcionamento a finais do 2015.
Ademais os populares reclaman ao Goberno que aclaren que liñas de tren van desaparecer na provincia de Pontevedra.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




