O Borralliño acollerá a I Romaría Popular do PP de Salceda de Caselas e Gandarío o campamento de verán de Novas Xeracións

  • A I Romaría Popular celebrarase o 8 de agosto e o campamento os días 14 e 15

Salceda de Caselas, 24 de xullo de 2010.- No seu compromiso de ofrecer actividades lúdicas e culturais nas que poidan participar todos os veciños de Salceda de Caselas, o Partido Popular está a organizar para o mes de agosto a primeira romaría e un campamento de verán para os máis mozos.

O domingo, día 8 de agosto, nunha paraxe natural como é a área recreativa do Borralliño, na parroquia de Soutelo, os populares salcedense poderán disfrutar dunha xornada de confraternidade na I Romaría Popular. A festa dará comezo ás 12.30 horas con música, humor, xogos populares, sorteos e moitas máis sorpresas. O xantar estará composto por polbo, carne ao caldeiro, poste, café, pan e bebida. O custe do menú será de 15 euros por persoa; aqueles interesados deben chamar ao teléfono 606 859 285.

Por outra parte, Novas Xeracións de Salceda de Caselas organiza os días 14 e 15 de agosto un campamento de verán no albergue de Gandarío, en Bergondo, A Coruña. Os mozos e mozas interesadas en participar nesta actividade poden informarse máis polo miúdo no teléfono 659 032 808.
 

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar