O PP de Nigrán xustifica o pleno extraordinario dunha análise tranquila e profunda das propostas do Consello Sectorial

  • Alberto Valverde asegura que é no pleno onde se deben analizar as propostas do Consello Sectorial para que o equipo redactor as teña en consideración
  • Alberto Valverde cre que “é neste pleno onde os grupos deben posicionarse nas propostas do Consello Sectorial para remitilas ao equipo redactor”
  • O PP de Nigrán acusa aos demais grupos por “tratar de certificar a inutilidade do Consello Sectorial ao querer enviar ao equipo redactor as propostas sen pasar polo pleno”
  • Alberto Valverde afirma que “de non existir un acordo plenario polo medio as propostas do Consello Sectorial non serían tidas en conta”

Nigrán, 28 de Xullo de 2010. – O PP de Nigrán segue pensando que o Plan Xeral é o tema prioritario desta corporación, e a participación dos colectivos debe formalizarse para que realmente o Consello Sectorial non sexa un “paripé” como pretende o goberno municipal. Por isto, faise necesario o pleno extraordinario deste xoves solicitado polo Grupo Popular. Para o PP, a pesar de que os demais grupos non teñen especial interese en analizar as propostas do Consello Sectorial, tal e como se inclúe no regulamento, este debe asesorar e propoñer ao pleno todas aquelas cuestións urbanísticas que considere para que o propio pleno as valore. Segundo Alberto Valverde, a petición e celebración do pleno para tratar de forma exclusiva este tema é porque “o asunto ten a importancia suficiente para facelo e porque ademais desta maneira cumprimos co establecido no regulamento, dándolle participación real aos colectivos que participaron no Consello Sectorial”.

Para o PP de Nigrán esta iniciativa de solicitar un pleno extraordinario e a conseguinte celebración do mesmo este xoves atende a “unha coherencia con todo o feito e dito ata agora, cando desde as filas populares se pedía unha participación real e non de cara á galería do Consello Sectorial, algo que o resto de grupos non fixeron. Queriamos que as propostas do Consello Sectorial pasasen polo pleno e actuamos en consecuencia, e xustificamos a non presenza do PP nas mesas sectoriais baixo o argumento de non politizar eses debates nesas mesas, coa finalidade de que saísen as propostas que os colectivos estimasen oportunas para que despois os grupos políticos as analizasen e desen un planteamento ao respecto, e iso é precisamente o que hoxe estamos facendo e pedindo que se faga”, asegura o voceiro popular.

Polo contrario, o PP asegura que “os demais grupos non eran partidarios deste pleno e de analizar as aportacións do Consello Sectorial por medo político a asumir a responsabilidade que deben asumir e sobre todo porque non cren en absoluto na participación dos colectivos e do Consello Sectorial, polo que pretendían remitir directamente as propostas á empresa redactora co obxectivo de que estas non se tiveran en conta”.
 

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar