O PP de Vilaboa impulsa unha iniciativa para esixir a Fomento melloras nos accesos á Igrexa de San Adrián e ao lugar de Pousada
- Os dous accesos presentan na actualidade graves problemas debido ás deficiencias na execución das obras da N-554
- A voceira popular, Beatriz Rosendo, lamenta “a pasividade” do Goberno local que “fai oídos xordos ás constantes reclamacións veciñais”, que só son atendidas ante a presión da oposición
- Rosendo considera “indignante” a actitude do rexedor local, que “non dubidou en descualificar e criticar as demandas dos populares pese a ter coñecemento de que son unha verdadeira necesidade”
Vilaboa, 29 de xullo de 2010.– O PP de Vilaboa logrou a aprobación de dúas mocións para esixir ao Ministerio de Fomento medidas para corrixir as deficiencias detectadas na saída da Igrexa de San Adrián e no acceso aos barrios de Nores, Pazos e Pousada desde a N-554.
A iniciativa dos populares obedece ás constantes queixas dos veciños que denuncian que estes accesos se volveron practicamente intransitables debido a mala execución dos traballos de reforma da N-554. De feito, a saída da Igrexa de San Adrián presenta unha gran pendente que pon en serio risco a seguridade dos condutores, ademais de ocasionar danos nos vehículos. Ademais, na moción presentada polo PP reclámase a dotación de medidas de seguridade ás rotondas de nova construción, que na actualidade carecen de suficiente iluminación.
En canto ao acceso aos barrios de Nores, Pazos e Pousada, o PP denuncia a “excesiva pendente”, que impide o paso de vehículos grandes e dificulta notablemente a circulación dos demais automóbiles.
DEIXADEZ DE FUNCIÓNS
As dúas mocións foron aprobadas por unanimidade no pleno ordinario celebrado no serán de onte, malia ás críticas realizadas polo rexedor local, o socialista José Luis Poceiro, que, segundo salienta a voceira do PP, Beatriz Rosendo, amosou unha “actitude indignante”.
Poceiro “non dubidou en descualificar e criticar as demandas que presentamos, pese a ter coñecemento de que son unha verdadeira necesidade”.
Nesta liña, Rosendo criticou a “deixadez de funcións e a pasividade” do Goberno local que, ante as reclamacións veciñais, “opta por facer oídos xordos”. “É lamentable –recalca Rosendo– que, malia ás constantes queixas dos cidadáns, o Goberno local sexa incapaz de dar resposta e teña que ser a oposición a que impulse iniciativas para obrigar ao executivo a cumprir coa súa función de traballar a prol do benestar dos veciños”.
Rosendo lémbralle ao equipo de Goberno que, aínda que as obras da N-554 que tantos e tantos problemas están a ocasionar en Vilaboa estean a ser executados “polo seu goberno amigo de Madrid, desde o mesmo momento da súa elección Poceiro débese aos veciños e non ao partido, polo que a súa obriga é defender os intereses do pobo”.
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
X Congreso Local do PP de A Estrada
12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos
IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa
12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega
VI Congreso Local do PP de Tomiño
19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián
Eventos
| « | < | Septiembre 2010 | > | » |
| L | M | X | J | V | S | D |
| 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 |
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | 2 | 3 |
Enlaces
|
|




