López asegura que “a Dono só lle preocupa o desemprego cando é de amigos socialistas”

  • Critica ao alcalde por “desaproveitar axudas anteriores para xerar traballo”
  •  O deputado ve “fallos na xestión municipal” e pídelle a Dono que explique “por que o ano 2009, co Plan E e con axudas da Xunta, comezou na Estrada con 266 parados na construcción e rematou con 362”
  • “Que os socialistas veñan á Estrada dar leccións de cómo crear emprego non sabemos se é para rir ou chorar”, ironiza o voceiro popular

A Estrada, 30 de Xullo de 2010.- O deputado estradense José López cualificou hoxe como “un esperpento” a comparencia conxunta do alcalde da Estrada coa deputada socialista Carmen Cajide para falar do desemprego na Estrada “con medias verdades e esquecendo deliberadamente a súa incapacidade para artellar medidas eficaces e a desfeita provocada por Zapatero no eido laboral”.

“Que os socialistas veñan á Estrada dar leccións de cómo crear emprego non sabemos se é para rir ou chorar”, sinala López, que asegura que “a Dono só lle preocupa o desemprego cando é de amigos socialistas ou familiares de socialistas”. Por iso, lamenta que o alcalde “teña desaproveitado axudas anteriores da Xunta e mesmo o Plan E para xerar postos de traballo” e “teña feito oídos xordos alomenos nas catro ocasións nas que o PP lle plantexou no pleno a adopción dun plan anticrise con medidas de aforro e de apoio ao emprego”.

José López considera que “o problema real son os fallos e a incapacidade na xestión municipal” e subliña que “a cifra de máis de 1.700 parados á que chegou A Estrada é o froito das mentiras de ZP e da falta de proxecto do bipartito local, que en lugar de adicar investimentos á creación de solo industrial que poida atraer empresas adícaos ao arranxo de fontes e escolas unitarias”. 

Con motivo desta “lamentable xestión municipal”, José López pídelle ao alcalde que explique “por que o ano 2009, co Plan E en marcha e con axudas da Xunta para o fomento do emprego, comezou na Estrada con 266 parados na construcción e rematou con 362”. López incide no feito de que “Dono manexou os cartos do Plan E ao seu antoxo, outorgándolle obras a empresas amigas e esquecéndose da finalidade de xerar emprego”. “Non se crea emprego local cando se lle adxudican obras de construcción a empresas que fabrican mobiliario e logo éstas teñen que subcontratalas a outras empresas que traen traballadores estranxeiros”, engadiu o deputado popular.

Ademais, José López afirmou con ironía que en materia de políticas de emprego “Dono pasará á historia como o alcalde que cambiou o significado da expresión ´A Estrada dixital´, xa que antes era por temas de informática e novas tecnoloxías e agora é polo enchufismo que practica o alcalde no concello”.

PRAZAS “CON NOMES E APELIDOS”
Ao respecto, José López sinalou que “non fai falla ser adivino para saber que as dúas prazas con cargo ao Plan de Cooperación xa teñen nome e apelidos antes do proceso de selección” e cualificou como “especialmente curioso” o feito de que “para cubrir unha praza na Policía Local o perfil solicitado sexa o dun Licenciado en Filosofía”.

En canto ás cifras aportadas polo PSOE, José López lémbralle ao alcalde e a Carmen Cajide que “as cantidades das que eles presumen do ano 2009 xa foran aprobadas pola Xunta baixo o Goberno do PP, que duplicara as axudas que viña concedendo o bipartito á Estrada para a promoción do emprego”. “Este ano, por mor da crise, a Xunta viuse na obriga de priorizar as axudas para o Grumir naqueles concellos que contan con este grupo, como é o caso da Estrada, e de efectuar axustes dun 40% na contía restante. É un axuste que afecta por igual a tódolos concellos”, explicou José López.

“O PXOM PALIARÍA A CRISE”
Por outra banda, José López resaltou que “por culpa de Dono e da incapacidade do seu goberno, o Concello da Estrada continúa sen PXOM, cando podería ser unha ferramenta moi válida para reactivar o sector da construcción e paliar a crise”. “Debido aos anos que se leva sen construir con normalidade, actualmente na Estrada dase unha situación paradóxica en contraste con outros pobos: a pesares da crise, segue a haber demanda de vivenda, polo que, de contar cun PXOM en vigor, o sector inmobiliario podería sortear as dificultades moito mellor e podería manter e incluso crear novos empregos”, salientou López.

< Anterior   Siguiente >

benvida do presidente da Deputación de Pontevedra

X Congreso Local do PP de A Estrada

12 de xuño de 2010/11,30 h.
Pavillón Multiusos

IX Congreso Local do PP de Vilagarcía de Arousa

12 de xuño de 2010/19,30 h.
Recinto Feiral de Fexdega

VI Congreso Local do PP de Tomiño

19 de xuño de 2010/11,30 h.
Auditorio de Goián

Eventos

« < Septiembre 2010 > »
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Enlaces


Partido Popular Pontevedra | Reina Victoria, 9 - 2º, 36001 PONTEVEDRA | Tel: 986840000/986851400 | Fax: 986853193
Aviso legal | Contactar