Pontevedra, 15 de abril de 2008- O Partido Popular da provincia de Pontevedra vai por en marcha durante esta semana unhas xornadas de traballo con todos os alcaldes e voceiros municipais da provincia.
Estas xornadas, que tradicionalmente ven celebrando o partido dende fai xa varios anos, desenrolaranse dende o xoves ata o sábado ao mediodía, no “centro de A Lanzada”.
Durante estos tres días de traballo, abordaranse distintos temas de actualidade e importancia para a provincia de Pontevedra e a acción política do PP provincial no futuro máis próximo. Deste xeito, cómpre destacar tamén, que os alcaldes e voceiros municipais exporán a dirección do partido as diferentes propostas e iniciativas que eles consideren máis importantes e axeitadas, xa que son eles os que se atopan e desenrolan a súa acción política más preto da cidadanía.
A clausura, que terá lugar o sábado pola mañá, contará coa presencia do presidente do PPdeG, Núñez Feijóo, os deputados autonómicos e nacionais así como todos os membros da Xunta Directiva Provincial