Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “isto vai de gañar as eleccións, e quen non gaña non pode gobernar”

    No mitin comarcal do Deza que se celebrou en Lalín

    • O presidente provincial critica que “o catálogo de Ikea está moi ben, o vídeo está moi ben… pero que pasa coas persoas? Cales son os obxectivos e cal é o programa que propoñen?”
    • Ana Pastor di que “o peor que poderíamos facer é encargar a recuperación aos que trouxeron a crise, aos seus compañeiros de viaxe extremistas ou os partidos sen experiencia algunha de goberno”.
    • A candidata critica que os socialistas falen da clase media, “cando foron quen se cargaron a clase media no tempo que gobernaron”, e cuestionou “que falen de crear emprego cando son unha factoría de crear paro”.

                                      

    Lalín, 12 de xuño de 2016.- O presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, salientou hoxe en Lalín que “o partido está forte e se damos o impulso que nos falta conseguiremos gobernar a partir do 26 de xuño”. Dixo que quere a Ana Pastor no Goberno, “e se pode ser, de ministra”, e pediu a máxima implicación porque entende que “ou hai unha vitoria contundente ou non é unha vitoria, e fai falta que sexa maior que a de decembro porque do contrario volverán a facer o mesmo”. O líder provincial dos populares recordou que o PP é o partido que sempre gaña as eleccións, “porque isto vai de gañar as eleccións, e o que non gaña non pode gobernar”.

    Foi durante o mitin comarcal do Deza, no que tamén participaron a candidata número un ao Congreso, Ana Pastor; o candidato ao Senado e presidente local do partido, José Crespo, así como o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.  Alfonso Rueda criticou que “o catálogo de Ikea está moi ben, o vídeo está moi ben… pero que pasa coas persoas? Cales son os obxectivos e cal é o programa que propoñen?”. O presidente provincial incidiu en que “unha cousa son as promesas, e outra é gobernar”, e puxo en valor a experiencia, o resultado e o balance co que os populares se presentan a esta cita electoral.

    Alfonso Rueda referiuse ao PSOE, que teñen “moi merecido quedar terceiros”, e entende que lles dará igual porque “eles están a outra cousa”. Sobre Ciudadanos, criticou que unha vez mais se descoñece ao candidato na provincia, e recordou que o único que propuxeron para Galicia foi “Ave no, pero agora xa din que o van pensar”.

    Fronte a esta situación, Ana Pastor sinalou que o Partido Popular está centrado no futuro e o seu obxectivo é que 20 millóns de españois estean traballando e cotizando á Seguridade Social no ano 2020. Para iso, dixo que “España ten que permanecer firme no timón das políticas da recuperación e do emprego”. Nesta liña, entende que “o peor que poderiamos facer é encargar a recuperación a quen nos trouxo a crise, aos seus compañeiros de viaxe extremistas ou aos partidos sen experiencia algunha de goberno en ningún sitio”.

    A candidata criticou que os socialistas falen da clase media, “cando foi o seu partido quen se cargou a clase media no tempo que gobernaron, e destruíron 3,5 millóns de empregos”. A candidata dixo que fronte “á factoría socialista de crear paro”, o PP preséntase ás eleccións como garantía de emprego e da recuperación económica, con un millón de postos de traballo xerados durante os últimos anos.

    Fronte a isto, defendeu que o PP “defende máis benestar para todos, porque xa o fixemos, traballar para recuperar o noso estado de benestar, con políticas centradas nas persoas e nas súas preocupacións”.