Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • OS RECIBOS DO IBI (URBANA) EN SALCEDA INCREMENTÁRONSE UN 8% NESTE 2018, COMO ANTICIPOU O PP DE SALCEDA

    • @s salcedenses rematamos o verán de 2018 con subida de impostos

     

    7 de setembro de 2018.- Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, anticipou esta noticia tempo atrás, mentres que o rexedor salcedense, Marcos Besada faltaba a verdade e manipulaba información referente a esta noticia.

    O pasado 4 de xaneiro, Davila, a través das súas redes sociais deu a coñecer a noticia respecto ó incremento do IBI a partir do verán de 2018 no Concello de Salceda de Caselas.

    En primeiro lugar, é importante sinalar que, tal como pública o BOE, entre os requisitos que se deben cumprir para que se faga efectivo o incremento do IBI (actualización do valor catastral) é necesaria a solicitude previa por parte dos Concellos á Dirección Xeral do Catastro. A solicitude concrétase na aplicación dun coeficiente de actualización do 8% sobre o valor catastral, a cal foi firmada polo Alcalde Marcos Besada o 29 de maio de 2017. É dicir, o Alcalde está solicitando un incremento do 8% no recibo do IBI con respecto do exercicio de 2017. Dos 62 concellos da provincia, só 5 solicitaron esta actualización dos valores catastrais, sendo Salceda de Caselas un destes.

    Elo implica que, desde 2011 ata o actual ano 2018, o aumento da urbana no noso concello é dun 37,52%.

    O Grupo Popular levou a pleno, en varias ocasións, mocións que contemplaban a rebaixa do IBI para que este incremento non se contemplase nos recibos que lle van chegando agora ós/ás veciñ@s de Salceda, sin embargo, o goberno de Movemento Salceda, e o Alcalde como máximo responsable, puxo atrancos para que isto non fose posible, repercutindo directamente ós/ás salcedenses.

    Os últimos mandatos de Marcos Besada basáronse en despilfarros en publicidade, pérdida de subvencións, despido de traballadores e non recoñecemento dos dereitos destes…, deixando atrás cousas verdadeiramente importantes como as rebaixas fiscais. Reafirmándose así, como o noso Alcalde goberna de costas @s veciñ@s.