Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O deputados galegos no Congreso solicitan a comparecencia urxente do ministro de Fomento para que explique a nova suba das peaxes da AP-9 consecuencia do decreto aprobado polo Goberno Zapatero

    “Queremos que os socialistas asuman a súa total responsabilidade nesta nova suba das peaxes e deixen de botar balóns fóra culpando ao goberno de Mariano Rajoy”, manifestan

    • Tamén piden que o ministro dea explicacións sobre os trámites realizados para a liberación da peaxe entre Vigo e Redondela, “compromiso asumido e avanzado polo anterior goberno do PP”

     

    8, setembro, 2018.- Os deputados galegos do Grupo Popular no Congreso solicitarán a comparecencia urxente do ministro de Fomento para dar explicacións sobre a nova suba de peaxes pervista na AP-9 consecuencia do Real Decreto aprobado polo Goberno de Zapatero en 2011, 48 horas antes da celebración das eleccións xerais e sendo José Blanco ministro de Fomento. O deputado popular, Celso Delgado, explico que “con esta comparecencia queremos que os socialistas asuman a súa total responsabilidade nunha nova suba das peaxes nesta autoestrada e deixen de botar balóns fóra culpando ao Goberno de Mariano Rajoy”.

    Os deputados galegos do Grupo Popular no Congreso tamén solicitará a comparecencia do actual ministro de Fomento para explicar os trámites que o seu deparmento leva realizado para a liberación da peaxe Vigo-Redondela na autoestrada AP-9, “un compromiso asumido e avanzado polo anterior Goberno do PP, pero que as declaracións realizadas polo Goberno socialista están suscitando preocupantes dúbidas sobre o seu cumprimento”.

    O deputado popular Celso Delgado puxo de manifesto “a desaforada defensa das actuacións do Goberno central que está a facer o actual delegado do Goberno en Galicia, pero debería ter un pouco de respecto aos galegos e non trasladar informacións falsas sobre os motivos dunha suba das peaxes na AP-9”. “Se el non o fai, desde o PP incidiremos que esta suba das peaxes son consecuencia do decreto aprobado polo Consello de Ministros presidido por Zapatero, celebrado a 48 horas nas eleccións xerais, no que autorizaron á empresa concesionaria a realizar as obras de ampliación da ponte de Rande coa compensación de poder subir as peaxes o 1 por cento anual nada menos que durante 20 anos”, explicou.

    “Ademais, resulta paradóxico o cambio de postura dos socialistas desde que chegaron ao Goberno de España: pasaron de considerar 'perfectamente asumible' que o Ministerio de Fomento destinara 300 millóns de euros para asumir as obras de ampliación da AP-9 e deste xeito non repercutir no peto dos usuarios a suba das peaxes, a pretender agora que sexan os usuarios desta autoestrada quen pagen este aumentos das tarifas”, indicou Celso Delgado.