Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP propón que o presidente da asociación privada que xestiona as Escolas Deportivas sexa elixido polos clubes e deportistas de Poio

    • Presentará unha proposta no próximo Consello Municipal de Deportes para que sexa o propio Consello o que elixa a directiva das Escolas “municipais” e controle a xestión financeira e o destino das subvencións e as cuotas dos usuarios.
    • Os populares recordan que desde a publicación do informe técnico aclarando a titularidade privada das Escolas, ningún responsable de Deportes do Concello pediu perdón nin deu explicacións por ocultar información.
    • «Non hai nin transparencia nin control sobre as contas ou a dirección desta asociación privada que xestiona milleiros de euros e a centos de rapaces de Poio», explicou Muíños: «Isto non pode seguir así e quen mellor pode poñer orde son os propios clubes e deportistas de Poio».

     

    Poio, 11 de setembro de 2018.  O voceiro do PP de Poio en materia de deportes, Tucho Muíños, adiantou este martes a proposta que o PP presentará no próximo Consello Municipal de Deportes: que a asociación privada que agora mesmo xestiona as Escolas Deportivas do concello rinda contas ante o Consello e que sexa este órgano, que reúne a clubes, deportistas, asociacións e ao resto do sector do concello.

    Muíños recordou que, a solicitude do Partido Popular, os técnicos municipais fixeron un informe en setembro de 2017 que determina inequívocamente que as “escolas deportivas de Poio” son unha asociación privada, sen ningunha relación co concello máis alá de que cobran unha subvención: «Nin se coñecen as contas, nin se coñece a composición da directiva, nin se sabe onde van os cartos públicos que recibe esta asociación, ou as cuotas que pagan os pais, nin como se xestionan».

    Na última convocatoria extraordinaria do Consello Municipal de Deportes, recordou Muíños, o PP fixo entrega deste informe, que determina sen lugar a dúbidas e de forma oficial que as chamadas “escolas deportivas” municipais son en realidade unha asociación privada, para que fose distribuído a todos os colectivos relacionados co deporte que operan no municipio. Este informe establece que as “Escolas Deportivas de Poio” son unha asociación privada que simplemente recibe subvencións do Concello e que os servizos municipais descoñecen a composición da súa Xunta directiva e non exercen ningún tipo de control sobre as súas contas, máis alá da subvención que reciben, incluíndo as cuotas que cobran aos pais e outros ingresos.

    O informe tamén determina que calquera compoñente do concello que formase parte desa directiva sería a título individual, e non como representante dos veciños.

    Muíños recordou que as escolas foron creadas e desenvolvidas por un goberno do PP como un servizo municipal, pero que os gobernos do BNG trasferíronlle a xestión a unha asociación privada «que ninguén controla e da que nada se sabe salvo que o presidente nin sequera é veciño de Poio».

    Por este motivo, o PP solicitará no próximo pleno que ao menor prazo posible, se estableza que a dirección desta asociación, que sexa elixida polos compoñentes do Consello Municipal de deportes, que reúne a todos os colectivos relacionados co deporte no concello e que sexa este mesmo órgano o que fiscalice a actuación das escolas e controle a xestión dos abundantes fondos que manexan.

    Muíños espera que esta proposta se aprobe de forma unánime, xa que «non ten sentido que unha asociación privada, dirixida por persoas que non coñecemos nin sabemos como se elixen, siga a manexar con total opacidade unhas escolas que se publicitan como municipais, sexan responsables de centos de nenos de Poio e manexen abundantes fondos e cuotas sen ningún control.

    «Non hai nin transparencia nin control sobre as contas ou a dirección desta asociación privada que xestiona milleiros de euros e a centos de rapaces de Poio sen rendir contas ante ninguén», explicou Muíños: «Isto non pode seguir así e quen mellor pode poñer orde son os propios clubes e deportistas de Poio».