Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor di que hoxe hai maiores oportunidades e mellores proteccións no sector do mar, no que se crearon máis de 60.000 novos empregos

    • A candidata ao Congreso e a ministra Fátima Báñez mantiveron un encontro coas redeiras de Portonovo.
    • Defende que “o importante da política non é falar e facer promesas, senón resolver problemas”.
    • A ministra de Emprego di que a recuperación en España ten nome de muller, “porque a día de hoxe xa recuperamos todo o emprego feminino que se destruíu coa crise”.

     

    Sanxenxo, 13 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, recordou esta mañá que “hoxe os traballadores do mar teñen máis oportunidades das que tiñan antes e mellor protección social”, e puxo en valor que “hai máis de 60.000 persoas que están traballando neste sector e que antes non o facían”.

    Foi durante un encontro con redeiras en Portonovo, no que tamén estivo a ministra de Emprego, Fátima Báñez. A candidata popular agradeceulle que “co seu apoio, moitos españois coñecen hoxe o traballo das redeiras, que levan décadas traballando, cunha labor que moita xente non coñece pero que é fundamental para o sector”, e comentou que moitas delas empezaron a reparar redes con dez anos, e a traballar porque este sector artesanal poida seguir sendo o motor deste concello pero tamén da provincia.

    Ana Pastor resaltou o compromiso do PP co sector do mar, e comprometeuse a que “este goberno vai seguir traballando polo importante, por recuperar a economía e o emprego”, e salientou que  “Galicia, que é unha das comunidades autónomas que tamén tivo unha crise profunda, está saíndo adiante gracias ás reformas e ás propostas do PP”.

    A número 1 ao Congreso convidou aos demais partidos a que “falen do que realmente lles importa aos veciños, á xente do mar, pero sobre todo ás persoas que non teñen oportunidades”. Defende que “o importante da política non é falar e facer promesas, senón resolver problemas”, e salientou “que hoxe 15.000 persoas poidan recuperar o seu traballo é o máis importante que podemos facer desde a política, xerar condicións para que haxa oportunidades”.

    Nesta mesma liña se manifestou a ministra Fátima Báñez que salientou que cando o PP chegou ao Goberno “o paro crecía cada día  na provincia ao dez por cento, e hoxe se reduce ao 7 por cento. Polo tanto, gañamos 17 puntos a favor do emprego”.

    Unha tendencia que, segundo explicou a ministra, tamén se produce no sector marítimo-pesqueiro, no que se crea emprego cinco veces máis do que se crea emprego de taxa xeral. Ademais, recordou que hoxe os traballadores do mar teñen máis protección, e destacou que “as redeiras de toda España están incluídas no réxime especial de traballadores do mar por primeira vez na nosa historia”.

    Ao falar da recuperación en España, Fátima Báñez di que é unha recuperación social, “porque estase creando emprego en todos os sectores económicos, en todas as provincias e tamén en todos os grupos de idade”. Pero si ten que falar dunhas protagonistas da recuperación, di que son as mulleres e por iso di que “en España a recuperación ten nome de muller”, porque “a día de hoxe xa recuperamos todo o emprego feminino que se destruíu durante a crise. É máis, hai 110.000 mulleres máis traballando en España que ao inicio da crise”.