Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda defende o sentido común do PP fronte aos que van mutando de discurso a medida que avanza a campaña

    No mitin comarcal do Val Miñor que se celebrou en Baiona

    • O presidente provincial critica que “empezaron como comunistas, agora socialdemócratas e igual antes do 26 de xuño acaban dicindo que son de centro”.
    • Di que “hai que aproveitar a oportunidade e gañar con amplitude estas eleccións que outros quixeron repetir”.

     

    Baiona, 14 de xuño de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, defendeu hoxe o sentido común do PP fronte aos que van mutando de discurso a medida que vai avanzando a campaña. Di que o PP é o único partido que se presenta “co aval dos feitos, co aval dos nosos gobernos e coa garantía de estabilidade”.

    Alfonso Rueda participou esta noite no mitin comarca do Val Miñor, xunto ao conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e Ana Simons, número 7 na candidatura do PP de Pontevedra ao Congreso. O presidente provincial presumiu de que “somos os únicos que temos propostas de futuro máis alá de dicir non queremos que goberne oo PP”, e criticou “aos que empezaron como comunistas, agora son socialdemócratas e igual antes do 26 de xuño acaban dicindo que son de centro porque van adaptando o discurso segundo lles interesa pero xa non enganan a ninguén”.

    Un cambio que, entende, non é casual e está moi ben planificado, xa que son expertos en poñer caretas. Sinala que despois de todos estes meses, “xa coñecemos ben que se esconde detrás de cada partido e as intencións e pretensións de cada un”. Nesta liña, critica que “neste tempo, nin sequera foron capaces de marcar a diferenza co que eles denominan casta. Tiveron a oportunidade de demostrar que eles son diferentes, e o único que deixan en evidencia son os seus enganos e as súas mentiras”.

    Alfonso Rueda recordou que o 26 de xuño xógase o futuro de España, “porque catro anos na xestión dun país son vitais, pero cando estamos no camiño da recuperación e do crecemento, cando houbo que facer tantos sacrificios para chegar a onde estamos, tirar pola borda todo o que levamos avanzado é un gran erro”. Por iso, di que “temos que aproveitar esta oportunidade para gañar con amplitude estas eleccións que outros quixeron repetir” e pediu a máxima implicación, “porque ou hai unha vitoria contundente ou non é unha vitoria, e volverán a facer o mesmo bloqueo que fixeron en decembro e nos trouxo a unhas novas eleccións”.

    O líder provincial dos populares recordou que o proxecto de futuro do PP pasa por crear dous millóns de empregos nos próximos catro anos, para que en 2020 haxa 20 millóns de españois traballando e cotizando á seguridade social. “Somos o único partido que demostramos que podemos facelo. Coas políticas adecuadas, conseguimos crear máis de un millón de empregos nestes dous últimos anos”, engadiu. “Estamos a metade de camiño, e por iso non podemos dar nin un paso atrás. O futuro se constrúe desde os cementos e a creación de emprego é a clave do benestar”, salientou.