Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP presenta unha moción para iniciar a desafectación da Praza de Chousa

    • Pide que o pleno eleve a solicitude formal a Portos para desafectar o espazo –que legalmente sería a favor de Costas do Estado- e consulte a Costas o traslado ao Concello.
    • A moción subliña que “resulta sorprendente” que despois da petición de asociacións, veciños, do apoio de todos os grupos, da boa disposición de Portos e das repetids declaracións do goberno local, aínda non se fixera ningún trámite, especialmente a solicitude formal, un requisito que, se o resto dos grupos están de acordo, farase a instancias do PP.

     

    Poio, 10 de outubro de 2018. O PP de Poio presentou esta semana unha moción, que será debatida no pleno municipal do día 30, para o inicio do proceso de desafectación da Praza de Chousa, despois de meses de inacción do Concello, pese a recollida de firmas por parte de asociacións veciñais e o apoio á desafección expresado polo PP e a disposición expresada por Portos de Galicia.

    Na moción se explica que as sucesivas reformas das últimas décadas desprazaron as actividades portuarias da Chousa a outros espazos, e transformaron a praza nun lugar eminentemente veciñal, onde se conviven os veciños, os visitantes e as actividades de todo tipo promovidas por entidades veciñais, culturais e deportivas.

    O texto tamén explica que, por ese motivo, nos últimos tempos hai unha demanda de que a praza pase a estar xestionada desde o Concello, o que permitiría eliminar trámites e recortar prazos nas solicitudes para utilizar a praza, ademais dunha xestión máis cercana e a posibilidade de non ter que pagar taxas ou facer fronte a outros custos para actividades sen ánimo de lucro.

    Os populares subliñan a boa disposición dos responsables de Portos de Galicia, a presentación de firmas por parte de colectivos e as declaracións dos responsables do Concello, pese ao que, varios meses despois, o Bipartito de Poio aínda non fixo ningún trámite.

    Os populares recordan que calquera desafección, fronte ao expresado en ocasións por responsables do BNG e o PSOE de Poio, non sería directamente de Portos –os actuais titulares- ao concello, senón que sería en favor de Costas do Estado, que á súa vez tería que trasladarllo posteriormente ao Concello.

    A moción explica que “Evidentemente, a simple vista resulta un proceso longo e laborioso, e que debe comezar cunha solicitude formal do pleno municipal para que dea inicio. Por ese motivo, resulta sorprendente que despois da petición destas asociacións, de veciños e de declaracións por parte do goberno municipal, non se teñan iniciado os trámites, que deben incluír en todo caso unha petición expresa ao actual xestor do espazo –Portos de Galicia-, e unha consulta ao destinatario da desafección –Costas do Estado.”, e por ese motivo, a instancias do Partido Popular, que traslada ao Pleno por primeira vez as peticións veciñais neste sentido, a parte dispositiva da moción contén os seguintes puntos para que o pleno municipal acorde:

    “Elevar unha solicitude formal a Portos de Galicia para que, a partir desde momento, se inicien os trámites para a desafectación da Praza de Chousa”, simultáneamente “Elevar unha consulta á Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar (...) sobre a vontade deste organismo para desafectar a praza de Chousa ou doutra maneira traspasar a titularidade unha vez se produza a recepción da mesma e unha solicitude formal para que dita titularidade sexa traspasada en favor do concello de Poio”, e, por último “comunicar estes acordos” a ambos organismos.