Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor reafirma o compromiso do PP co sector agroalimentario e transformación dos produtos do campo

    Estivo en Cambados e Meaño para visitar a cooperativa Horsal e participar nun coloquio con mulleres da comarca

    • “Apostamos por políticas que aporten competitividade e medidas en materia de contratación de persoal, para que as cooperativas e pequenos empresarios teñan que pagar menos impostos”, destaca.
    • Recorda que “nestes anos logramos máis fondos da PAC que nunca” e que estase recuperando a renda agraria que caeu co PSOE un 15%.

     

    Cambados, 15 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, reafirmou hoxe o compromiso do Partido Popular cos sectores agroalimentario e de transformación dos produtos do campo, e sinalou que traballarán para seguir impulsando un sector que xera en España unhas exportacións de máis de 42 mil millóns de euros, e no que as hortalizas e as froitas desenvolven un gran papel.

    Foi durante a visita que Ana Pastor fixo á cooperativa Horsal, en Cambados, xunto ao presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, e a candidata ao Senado, Marta Lucio. A número un dos populares ao Congreso puxo como exemplo a Lei de cooperativas, e destacou que “todas as asociacións contan co noso respaldo e apoio”. Salientou, ademais, que o sector agroalimentario é un sector en crecemento e polo tanto “desde o PP estamos apostando por políticas que aporten competitividade e medidas en materia de contratación de persoal, para que as cooperativas e pequenos empresarios teñan que pagar menos impostos”.

    Ana Pastor recordou que nestes anos “logramos máis fondos da PAC que nunca”, e que a renda agraria, que caeu co goberno do PSOE un 15%, “nestes catro anos estase recuperando e o que queremos é que siga mellorando o nivel de renda do campo”.

    O PAPEL DA MULLER

    Posteriormente, Ana Pastor e Alfonso Rueda trasladáronse ata Meaño para participar nun coloquio con mulleres de toda a comarca. A candidata popular destacou o papel da muller na construción do futuro do país. As mulleres queremos traballar, subliñou, e quen puxo medios e quen fai algo por elo é o Partido Popular. Como exemplos, explicou as medidas postas en marcha polo Goberno do PP para fomentar o emprego feminino e apoiar ás familias, pero tamén explicou as medidas que pretenden poñer en marcha nos próximos anos.

    Ana Pastor recordou que a recuperación ten nome de muller, e dixo que a día de hoxe xa se recuperou todo o emprego feminino que se destruíu durante a crise. “O importante da política non é falar e facer promesas, senón resolver problemas”, defendeu, e destacou que hoxe hai 110.000 mulleres máis traballando en España que ao inicio da crise.