Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ana Pastor visita o CODI e o xacemento arqueolóxico de Valga

     

    • Recordou que o Mercado do Mouro é un dos 18 castros galaico romanos que están recuperando ao longo e ancho da provincia de Pontevedra co apoio de Fomento.
    • A candidata pide á Deputación de Pontevedra que reconsidere a súa postura co centro de discapacitados, tras reducir a axuda provincial nun 60%.

     

    Valga, 16 de xuño de 2016.- A candidata do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, visitou esta mañá Valga para poñer en valor os importantes traballos arqueolóxicos que se están facendo no Mercado do Mouro. Alí comprobou, da man dos arqueólogos e dos traballadores da escavación, como avanzan os traballos e cales son os últimos avances.

    Ana Pastor, que estivo acompañada polo alcalde de Valga Jose María Bello Maneiro, a coordinadora de organización do partido provincial, Luisa Piñeiro, e a candidata ao Senado, Marta Lucio, recordou que o de Valga é un dos 18 castros galaico romanos que están recuperando ao longo e ancho da provincia de Pontevedra. Nesta liña, fixo referencia ao convenio asinado co anterior presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, por importe de 3,1 millóns de euros, dos que o Ministerio de Fomento asume o 60%.

    Antes do Mercado do Mouro, os populares visitaron o Centro de Discapacitados de Valga (CODI). Alí, o alcalde denunciou que as circunstancias que están vivindo son “lamentables”, despois de que a Deputación de Pontevedra reducise nun 60% a axuda a este centro. “É un servizo único, xestionado por un concello da provincia, e é merecedor de manter como mínimo a axuda que viña ofrecendo a institución provincial nos últimos doce anos”, solicitou.

    A candidata ao Congreso lamentou que “prioricen outros gastos superfluos e non se atendan ás necesidades máis importantes, que son as familias e neste caso, que teñen persoas con algunha discapacidade, e un concello, o de Valga, con ingresos limitados e que están facendo un esforzo moi importante porque se poida atender a todas estas familias”.

    Por este motivo, pediu á presidenta da Deputación “que reconsidere o que fixo, porque de golpe e plumazo non se pode pasar de 110.000 euros a pouco máis de 40.000”, e subliñou que “non hai nada mellor na sociedade que traballar polas persoas”.

    Así tamén se pronunciou Luisa Piñeiro, secretaria de organización e deputada provincial do PP, que dixo que “o caso de Valga é un claro exemplo dos recortes da nova Deputación en servizos sociais”. Ademais, recordou que o recorte que se fixo no centro de Valga tamén se repetiu con outras entidades da provincia, como por exemplo Xuntos en Pontevedra, Esperanza Salnés ou as Samaritanas da Guarda.