Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “esta xente xa goberna, ían facer milagres e despois do primeiro ano xa lles están recordando que todo era mentira”

    • O presidente provincial defende o sentido común do PP fronte aos que van cambiando de discurso a medida que avanza a campaña.
    • Ana Pastor lamentan que “aspiren a traer para España, un país que está crecendo e recuperándose, o modelo dun país como Venezuela”.

     

    Marín, 18 de xuño de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, recordou hoxe que estes que presumen de ser a nova política, xa están gobernando nos concellos e xa están demostrando que todo o que dicían e prometían era falso. “Parece que acaban de chegar, pero non, e hai que recordalo. Dixeron que ían facer milagros nos tres primeiros meses en Santiago, O Ferrol, A Coruña, Cádiz... e despois do primeiro ano xa lles están recordando que todo era mentira”.

    Foi durante o mitin do PP que se celebrou en Marín, e no que o presidente provincial estivo acompañado pola candidata ao Congreso, Ana Pastor, e a alcaldesa e presidenta local do partido, María Ramallo. Alfonso Rueda pediu que o 26 de xuño a vitoria do PP sexa contundente. “Non vale con gañar, hai que facelo por goleada”. Nesta liña, dixo que “se votar en decembro era importante, agora é urxente e imprescindible”, porque do contrario, “terán catro anos por diante para recordarnos este gran erro, e despois xa non terá remedio”. Fronte a eles, destacou que o PP é o único partido que se presenta “co aval dos feitos, co aval dos nosos gobernos e coa garantía de estabilidade”.

    Recordou que o 26 de xuño xógase o futuro de España, “porque catro anos na xestión dun país son vitais, pero cando estamos no camiño da recuperación e do crecemento, cando houbo que facer tantos sacrificios para chegar a onde estamos, tirar pola borda todo o que levamos avanzado é un gran erro”.

    O presidente do PP de Pontevedra criticou que seis meses despois haxa que repetir as eleccións, algo que non pasou nunca en España e que é culpa “dos que perderon, dos que non gañaron as eleccións, que non souberon ter a intelixencia suficiente para deixar que en España houbera un goberno co partido que gañou nas urnas”.

    Alfonso Rueda tamén cuestionou as promesas que Podemos fai no seu vídeo de presentación, onde  “din que si gobernan non se vai acabar o fútbol...” e preguntou se alguén imaxina “a Mariano Rajoy dicindo que non se vai acabar o fútbol, que os cans van seguir ladrando... Non,verdade? Porque nós tomamos a política en serio, pero eles non”. Por iso, defende, “tomarse a política en serio é tomarse o país en serio, o noso día a día e o futuro dos nosos fillos”, polo que animou a “aproveitar esta segunda oportunidade” que hai o 26 de xuño.

    Pola súa parte, a candidata ao Congreso, Ana Pastor, dixo que “o 26 de xuño hai dúas únicas posibilidades, que é votar ao Partido Popular, votar emprego e progreso para todos, ou un goberno entre o resto, que xa están preparándose para ver como de forma non democrática poden gobernar a pesar de non ter o apoio dos cidadáns”.

    Tamén se referiu ás intencións de Podemos, por reclamar un goberno que dirixa a xustiza. “Mal vai en democracia un partido que non cree na división de poderes, porque non hai nada máis importante que haxa un poder executivo, lexislativo e xudicial que teñan independencia”, dixo a candidata. Ana Pastor referiuse a que “xa sabemos todos cal é o modelo que defenden, que é o modelo venezolano, o populismo máis aguerrido, onde o fin xustifica os medios” e lamentou que “aspiren a traer para España, un país que está crecendo e recuperándose, o modelo dun país como Venezuela”.

    Ana Pastor sinalou que o Partido Popular está centrado no futuro e o seu obxectivo é que 20 millóns de españois estean traballando e cotizando á Seguridade Social no ano 2020. Para iso, dixo que “España ten que permanecer firme no timón das políticas da recuperación e do emprego”. Nesta liña, entende que “o peor que poderiamos facer é encargar a recuperación a quen nos trouxo a crise, aos seus compañeiros de viaxe extremistas ou aos partidos sen experiencia algunha de goberno en ningún sitio”.

    Fronte a isto, defendeu que o PP “defende máis benestar para todos, porque xa o fixemos, traballar para recuperar o noso estado de benestar, con políticas centradas nas persoas e nas súas preocupacións”.