O PP de Silleda solicita o arranxo dunha pista de Senra en Escuadro

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda solicita o arranxo dunha pista de Senra en Escuadro

    • Encontrase nun estado lamentable, con pedras e cabillas ó descuberto.
    • A falta de mantemento durante anos fai que este intransitable.
    • A pista sirve de acceso a un negocio e casas do lugar.

     

    Silleda, 19 de novembro de 2018.- O Partido Popular de Silleda solicita que de maneira urxente se proceda a reparación da pista que da acceso a carpintería de Senra, xa que a mesma se encontra nun estado prácticamente intransitable.

    A falta de mantemento durante anos por parte do Concello, fai que en moitos puntos desta pista agromen pedras e incluso algunha cabilla que fai moi perigoso transitar por ela.

    Dende o Partido Popular sinalan que o deterioro e tal que en moitos sitios xa non se pode falar de fochancas, se non de desniveis de máis de 20 centímetros pola perda do aglomerado, co risco que esto supón para os vehículos.

    Dende o Partido Popular de Silleda consideran que este é outro exemplo máis de como se esta levando a cabo polo grupo de goberno o mantemento dos viais do noso Concello, “Bótanlle continúamente a culpa as chuvias do ano anterior, pero calquera persona que pase por esta pista pode darse conta que esto non é unha cousa dun ano nin de dous, nin de tres, o estado da pista debese ó abandono durante anos nos que nin sequera se bacheou, polo que agora a pista esta totalmente destrozada.”

    O voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, lamenta que o grupo de goberno descoide ata este punto o rural “Estamos falando dunha pista que da acceso a casas e a un negocio, sen embargo esto ó Concello non lle importa, falan continuamente do rural, pero para coidar o rural e conseguir fixar poboación o que ten que facer o goberno e garantir unhas condicións mínimas e dignas, e o acceso rodado e algo primordial. O goberno do señor Cuíña non pode permitir que pase outro inverno por riba da pista sen facer nada.”

Add comment


Security code
Refresh