O PP DE SALCEDA PREOCÚPASE POLAS INQUEDANZAS DOS VECIÑOS DAS PARROQUIAS E VAI RECOLLER AS SÚAS PROPOSTAS CARA A MELLORALAS

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SALCEDA PREOCÚPASE POLAS INQUEDANZAS DOS VECIÑOS DAS PARROQUIAS E VAI RECOLLER AS SÚAS PROPOSTAS CARA A MELLORALAS

    • O voceiro popular, Santiago Rodríguez Davila, comezará visitando os días 22, 26, 27, 28 e 30 de novembro, cinco centros culturais para reunirse cos vecinos que queiran asistir
    • A intención e percorrer todos os recunchos das sete parroquias de Salceda para que toda a veciñanza teña a posibilidade de transmitiller as súas opinions e suxerencias 

     

    Mércores, 21 de novembro de 2018. O Partido Popular de Salceda de Caselas segue a dar voz aos veciños e veciñas do municipio, e agora máis ca nunca. Con esa intención vai percorrer as sete xoves co obxectivo parroquias do Concello a partires de hoxe de escoitar e recoller as súas inquietudes e propostas de cara a mellorar o eido rural. A primeira cita será -hoxe xoves-, no Centro Cultural de  Picoña, ás nove  do serán (21h). Un encontro aberto a todo a veciñanza desta parroquia

    A estas reunións informativas, nas que tamén se van tratar temas como a recollida de lixo, investimento municipal non rural, as  propiedades  do  Concello  nos  barrios  e  o  seu  estado, o transporte, a mellora  dás  comunicacións  ou  os  proxetos  que precisa o Concello en xeral, acudirá o PP coa intención de “construír” e “detectar” as necesidades reais do barrio “para traballar no que realmente interesa e preocupa aos veciños e non en outras iniciativas que non son prioritarias para o pobo”, explica o voceiro popular, Santiago Rodríguez Davila.

    Á cita en Picoña seguiralle a da parroquia de Budiño, o luns vindeiro, día 26 de novembro, tamén ás nove do serán (21h). O martes 27, á mesma hora, os Populares van visitar o Centro Cultural de Entenza; o mércores 28, estarán no de Parderrubias, e o venres, día 30, en A Feira. En total nove encontros veciñais previstos para este mes de novembro e a primeira semana de decembro aos que lle seguirán outros moitos máis sempre cos veciños como protagonistas.

    “Salceda, un pobo con voz e futuro”

    Dende o PP salcedense, queren manifestar a necesidade de converter Salceda nun pobo de referencia na comarca de A Louriña, e para iso é necesario dotar ao municipio de servizos como a demandada Biblioteca municipal, o Centro de Día, un mellor transporte ou tamén a construción do primeiro tramo do Viario do Caselas.

    E dende o punto de vista económico é imprescindible un plan urbanístico que de confianza ao tecido empresarial responsable de xenerar traballo para os xóvenes. Só así, as familias elixirán Salceda de Caselas para construír a súa vivenda. “Salceda e un pobo con moito futuro e nese camiño imos a traballar, sempre da man dos nosos veciños”, conclúe Rodríguez Davila.

Add comment


Security code
Refresh