O PP de Silleda califica de cacicada as licencias do Alcalde e o Concelleiro de Obras.

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda califica de cacicada as licencias do Alcalde e o Concelleiro de Obras.

    • O que fixo o señor Cuíña e unha auténtica cacicada.
    • Dixo que a media de concesión de licencias era de 20 días cando en realidad esa media supera con moito os 70 días.
    • O expediente non se completou ata o día 9 de outubro, e o día 10 xa tiña a licencia.
    • Os populares resultalle paradóxico que tamén o Alcalde desconozca a exitencia do núcleo do Curro.
    • O Partido Popular lamenta as trabas que esta atopando para acceder o expediente da licencia.

     

    Silleda, 21 de novembro de 2018.- O Partido Popular de Silleda lamenta que o Alcalde Manuel Cuíña minta en relación coa concesión da súa licencia e as do Concelleiro Klaus Brey.

    Para o Partido Popular de Silleda as explicacións dadas o pasado viernes polo Alcalde son bochornosas, “Mintelle deliberadamente ós veciños para intentar xustificar os seus cambalaches. Dixo que a media de concesión de licencias era de 20 días cando en realidad esa media supera con moito os 70 días, él sabeo pero dalle igual mentir para intentar salvar a súa cara. Deberíalle caer a cara de vergoña diante dos veciños.”

    Para o Partido Popular esta non e a única mentira que contou na súa comparecencia do pasado viernes, e todos os veciños que solicitan unha licencia saben que o prazo de vinte días dos que falaba o Alcalde son mentira, e máis tendo en conta que a súa licencia era unha licencia de obra maior.Atopamos casos dalgunha licencia menor solicitada no ano 2.017 que tardou case un ano en outorgarse a perares de que non houbo que pedir ningún informe de outros organismos.”

    En canto a licencia outorgada a Klaus Brey para a súa explotación, para os populares cada vez queda máis acreditado o trato de favor aeste concelleiro por parte do Alcalde, “O expediente non se completou ata o día 9 de outubro, e o día 10 xa tiña a licencia feita polo Alcalde, nos non conocemos ningún outro caso no que houbera pasado esto.”

    O portavoz do Partido Popular de Silleda, Ignacio Maril, valorou estos feitos, “O que fixo o señor Cuíña e unha auténtica cacicada, pasan por riba dos veciños e aproveitanse da súa situación para obter unhos beneficios de maneira totalmente irregular. E unha auténtica vergoña.”

    Os populares resultalle paradóxico que tamén o Alcalde desconozca a exitencia do núcleo do Curro, cando aparece perfectamente delimitado e recoñecido no PXOM que xa goza de aprobación inicial, “Cando calquer veciño solicita hoxe unha licencia xa ten que aterse as novas catalogacións de elementos patrimonias, sen embargo eles para o que lle interesa desconocen que ali exista un núcleo de casas e veciños, e non lle importa o máis mínimo os perxuicios que lle podan causar. Xustificarase decindo que non e arquitecto, que él so e transportista, por eso, si non entende os planos, aínda que e o encargado de aprobalos, animámolo a que de unha volta polo Curro xa que non a coñece, e mire si o que hai e unha casa aillada ou un núcleo de casas.”

    Dende o Partido Popular de Silleda denuncian tamén que o pasado lunes solicitaron ter acceso completo ó expediente de concesión de licencia tramitada pola sociedade do Concelleiro de obras, sen embargo ese acceso todavía non lle foi autorizado, “Solicitamos o acceso ó expediente da licencia e a outro máis, do primerio deronnos acceso inmediatamente, sin embargo do expediente da licencia aínda estamos agardando a que no lo den. Será todo moi legal, pero as trabas e o oscurantismo que garda o grupo de goberno en relación con este asunto e máis que indicativo de que hai algo que non esta ben.”

Add comment


Security code
Refresh