Iván Caamaño, candidato do PP á alcaldía de Catoira

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Iván Caamaño, candidato do PP á alcaldía de Catoira

     

    Catoira, 21 de novembro de 2018.- Iván Caamaño Fernández será o candidato do Partido Popular en Catoira nas eleccións municipais de maio de 2019. Así se confirmou na reunión mantida esta tarde no Restaurante A Pedra, entre a dirección provincial, presidida por Alfonso Rueda, e membros locais do partido.

    Rueda agradeceu a Iván a súa “valentía ao dar un paso adiante e aceptar o reto de ser o candidato do PP”. Unha decisión xenerosa, salientou o presidente provincial, que amosa a súa implicación activa no Partido Popular.

    Ademais, incidiu en que hai moito traballo por diante cara as municipais de 2019, pero amosouse convencido de que o candidato será capaz de ilusionar e levantar o ánimo aos votantes populares. Nesta liña, puxo como exemplo o resto de convocatorias electorais –nacionais e autonómicas-, nas que o PP é o partido máis votado tamén en Catoira.

    Para conseguir estes resultados, concluíu, é fundamental o traballo, estar a pé de rúa, explicar cal é o proxecto do Partido Popular ante un Goberno desgastado e agotado como o de Catoira, pero tamén é fundamental a unidade do partido.  

    Nesta mesma idea tamén incidiu Iván Camaño, que sinalou que “Catoira encóntrase nun momento moi complicado e precisa de un cambio de goberno”. A súa proposta, destacou, pasa por “unha Catoira con postos de traballo e facilidades tanto para atraer novas empresas como para garantir a continuidade das que temos. Unha Catoira na que non existan catoirenses de primeira ou de segunda. Unha Catoira con saneamento e aceras prometidas dende hai anos e que nunca chegaron. Unha catoira na que os impostos non nos afogan e si é necesario os baixemos e cambiemos. Unha catoira que non malgaste o diñeiro de todos. Unha Catoira mellor, por que os catoirenses merecen unha opción distinta. Queremos cambiar Catoira”.  

    PERFIL DO CANDIDATO

    Iván Caamaño Fernández ten 22 anos. Está rematando o Grao de Filosofía pola USC. Os seus inicios na política remóntanse a hai xa máis de catro anos, nas NNXX de Santiago de Compostela, acompañando a Agustín Hernández e traballando para as eleccións do ano 2015.

    Ademais, participa activamente en asociacións universitarias, como “Máis Filosofía”, da que é presidente.

Add comment


Security code
Refresh