Os deputados provinciais acusan a Silva de “fracasar” e “ningunear ó Salnés” cos orzamentos 2019 da Deputación

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os deputados provinciais acusan a Silva de “fracasar” e “ningunear ó Salnés” cos orzamentos 2019 da Deputación

    • Elena Suárez: “Existen grandes 3 culpables do castigo provincial a Vilagarcía: Carmela Silva, Alberto Varela e o BNG”
    • Salomé Peña: “Se esta Deputación non existise, os concellos recibirían exactamente o mesmo, o que lles corresponde por lei”
    • Luis Aragunde: “O bipartito retrasou proxectos pensando na campaña electoral. Non pensan nos veciños, só pensan nos votos”

     

    Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro de 2018.- Os deputados provinciais da comarca do Salnés, Salomé Peña e Luis Aragunde, compareceron esta mañá en Vilagarcía, acompañados pola voceira municipal do PP na cidade, Elena Suárez, para analizar os orzamentos da Deputación do exercicio 2019 antes de que vaia á sesión plenaria do pazo provincial.

    Os tres coincidiron no “castigo” que se ven aplicando á comarca do Salnés e á terceira cidade da provincia, Vilagarcía, por parte do goberno bipartito (PSOE-BNG) da “Nova Deputación”. A xuízo dos deputados provinciais populares, o documento orzamentario proposto por Carmela Silva está “condenado ó fracaso” e non fai outra cousa que “certificar o ninguneo e o castigo habitual a esta comarca e esta cidade”.

    Elena Suárez confesou que “cada vez que desde a Deputación se fala dun proxecto en Vilagarcía, a cidadanía bótase a temblar”, ó tempo que relatou os distintos fracasos que levan o cuño indiscutible da Deputación no presente mandato: A escola infantil de Vilaxoán (con fondos de 2016 entrará en funcionamento no curso 2019/2020); o fracaso do plan de compostaxe, (que as protestas veciñais impediron a súa instalación); as bicicletas para a Policía Local, (cun custe superior a 16.000€), ou Praza de Galicia, o único proxecto finalizado e que xerou críticas desde o principio porque ninguén pedía esa actuación nin unha fonte de 30.000€ que empapara ós peóns”.

    A voceira municipal resume a situación da cidade explicando que “existen grandes 3 culpables do castigo provincial a Vilagarcía: Carmela Silva, como Presidenta, Alberto Varela, quen permite este castigo e o BNG, socio en Pontevedra e socio en Ravella, que non di nada”.

    Pola súa banda, Salomé Peña resaltou que “se esta Deputación non existise, os concellos recibirían exactamente os mesmos fondos que agora, que son os que lles corresponde por lei no Plan de Concellos”. A ribadumiense cualifica de “desastre” o documento orzamentario a debate e denuncia que “foi elaborado de costas ós alcaldes e á cidadanía”. Sobre as cifras concretas, alarma sobre a tónica xeral de incremento no gasto corrente, que xa alcanza a barreira dos 106 millóns de euros nun orzamento de 157 M€. Por último subliñou que a aposta económica da Deputación para o vindeiro ano “é máis do mesmo” e que Carmela Silva “é a única presidenta das catro deputacións que non foi quen de ir a comparecer ó Parlamento de Galicia para explicar as súas contas, consciente de que son un fracaso”.

    Para Luis Aragunde “o mellor destes orzamentos provinciais é que serán os últimos que confeccione este bipartito”, xa que “están redactados polo PSOE de Vigo e polo BNG de Pontevedra, mentres o resto de alcaldes e alcaldesas non pintan nada”. O deputado cambadés fixo fincapé en que “as luces de Nadal de Vigo sáenlle caras a todos os pontevedreses e que mentres Silva destina máis cartos ó estadio de Balaídos, o propio Presidente do Celta non concorda con algunhas das obras propostas”.

    Sobre as diferenzas entre esta Deputación e a anterior dos populares, Aragunde recalca que “antes pateábanse as corredoiras de toda a provincia e agora gobérnase desde as grandes cidades”. Sobre o Plan Revitaliza (compostaxe), o deputado popular explicou que “non estamos en contra do compost, pero o principal obxectivo do programa era reducir a factura e lonxe de acadalo, aumentou a favor de Sogama”.

    Finalmente, o popular denuncia que “o bipartito retrasou proxectos pensando na campaña electoral. Non pensan nos veciños, só pensan nos votos”, recalcando unha vez máis o castigo que supón este reparto de fondos para Vilagarcía e para todo o Salnés.

Add comment


Security code
Refresh